Errantes polo Mundo. Proposta da AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega). Aquí presentamos unha mostra dos traballos realizados polo alumnado da ESO do CPIP Virxe da Cela, integrando textos de Rosalía de Castro e imaxes que evocan o lema "Errantes polo Mundo".
jueves, 27 de febrero de 2020
domingo, 23 de febrero de 2020
CPI VIRXE DA CELA. ENTROIDO 2020
Celebramos o Entroido o venres 21 de febreiro de 2020, e nesta ocasión centrámonos na temática das Civilizacións. Foi un festival multicultural e multicolor, no que os alumnos/as e profesores/as de educación infantil e educación primaria exhibiron os seus fantásticos disfraces. Iniciamos o acto cun desfile de todos os grupos polo patio cuberto, e acto seguido, cada clase realizou unha pequena actuación representando e contextualizando o seu disfraz. Un grupiño de nais exerceu de xurado e entregou premios para todos/as!!
• Premio aos mellores complementos: 4º infantil 3 anos Indios
• Premio mellor posta en escea: 1º EP Castrexos
• Premio ao máis creativo: 5º infantil 4 anos Exipcios
• Premio á mellor maquillaxe: 6º infantil 5 anos Vikingos
• Premio ao máis sostible: 3º EP Indios
• Premio ao máis divertido: 5º e 6º EP Coreanos
• Premio ao máis elegante: 4º EP Tiroleses
• Premio á mellor caracterización: 2º EP Chineses
E como fin de festa unha boa chocolotada con doces típicos do Entroido. Moitísimas grazas aos cociñeiros e ás nais coidadoras por agasallarnos con estas larpeiradas!
viernes, 21 de febrero de 2020
Prácticas 2º ESO física e química
O alumnado de física e química de 2º de ESO realizou durante varias xornadas prácticas de laboratorio onde traballaron fabricando disolucións de distintas concentracións, para logo crear distintas composicións en función das súas densidades. Aquí tedes algunhas fotos do traballo e resultados.
Traballando por parellas no laboratorio
Solucións de sulfato de cobre de distinta concentración
Antía e Damián acadaron un excelente resultado coa súa torre de densidades
Columna de densidades feita con disolucións de azucre a distinta concentración e colorantes alimentarios
jueves, 20 de febrero de 2020
XÓVENES XORNALISTAS NA FEIRA DO GRELO DE XESTOSO
Andrea, Matías, Adrián e Rubén son catro xóvenes xornalistas, estudantes no CPIP Virxe da Cela, que o pasado domingo 16 de febreiro achegáronse a Xestoso para elaborar unha reportaxe sobre a Feira do Grelo. Fixeron entrevistas tanto a expertos (persoas da organización) como visitantes do evento. Sacaron fotos e gravaron audios, e agora, de volta á aula, traballaran na redacción dun artigo xornalístico que será publicado o día 22 de abril en La Voz de Galicia, a través do proxecto "Periodismo en la Escuela". Moito ánimo!!
Etiquetas:
Feira do Grelo,
La Voz de Galicia,
Periodismo en la Escuela,
xornalistas
viernes, 14 de febrero de 2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)