domingo, 23 de febrero de 2020

CPI VIRXE DA CELA. ENTROIDO 2020

      Celebramos o Entroido o venres 21 de febreiro de 2020, e nesta ocasión centrámonos na temática das Civilizacións. Foi un festival multicultural e multicolor, no que os alumnos/as e profesores/as de educación infantil e educación primaria exhibiron os seus fantásticos disfraces. Iniciamos o acto cun desfile de todos os grupos polo patio cuberto, e acto seguido, cada clase realizou unha pequena actuación representando e contextualizando o seu disfraz. Un grupiño de nais exerceu de xurado e entregou premios para todos/as!!

• Premio aos mellores complementos: 4º infantil 3 anos Indios 
• Premio mellor posta en escea: 1º EP Castrexos 
• Premio ao máis creativo: 5º infantil 4 anos Exipcios 
• Premio á mellor maquillaxe: 6º infantil 5 anos Vikingos 
• Premio ao máis sostible: 3º EP Indios 
• Premio ao máis divertido: 5º e 6º EP Coreanos 
• Premio ao máis elegante: 4º EP Tiroleses 
• Premio á mellor caracterización: 2º EP Chineses
      
      E como fin de festa unha boa chocolotada con doces típicos do Entroido. Moitísimas grazas aos cociñeiros e ás nais coidadoras por agasallarnos con estas larpeiradas!




















 


1 comentario: