martes, 30 de abril de 2024

TECNÓLOG@ POR UN DÍA

Dous alumnos de 3º da ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela participaron na X Edición de Tecnólog@ por un día, unha iniciativa enmarcada dentro de DigiTalent, o Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia. É un programa da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) que ten como obxectivo impulsar as vocacións STEAM e o interesse polas profesións dixitais dos estudantes da secundaria e o bacherelato.

O propio centro educativo foi o encargado de facer a inscrición do alumnado, para que poidera optar a realizar esta actividade de aprendizaxe, lúdica e interactiva, no GaiasTech ou as instalacións das empresas TIC que colaboran coa iniciativa: Altia, Bahía Software, DXC Technology, NTT DATA, Quobis e Duacode.

Nas palabras de Iván Pena Pérez (3º ESO): Onte fun a un proxecto educativo chamado Tecnólog@ Por Un Día, no que a empresa de Santiago Bahía Software ensinoume o que facían diariamente dende as instalacións ou dende a súa casa, tamén me esplicaron que proxectos fixeron ou están facendo. Os principais traballos que fan son para empresas públicas de sanidade ou emerxencias. Tamén nos deron unha pequena clase sobre o programa de programación Arduino, a súa placa electrónica e como montar os circuitos eléctricos coa súa placa de montaxe sin soldadura. Na miña opinión esta práctica é moi útil e axúdanos a ver como é a vida laboral da xente que traballa detrás das tecnoloxías que usamos a diario.





viernes, 26 de abril de 2024

ASOCIACIÓN MULLERES SALGADAS

 Asociación Mulleres Salgadas, Sandra Amézaga e Dolores Gómez, dentro do programa de radio escolar (Ferraganchos, 10.40 - 11.30h -3º EP). AGARESO e Fundación Ayuda en Acción.



A Asociación de Mulleres Salgadas é a primeira e única asociación de ámbito autonómico galego de mulleres do sector pesqueiro, e está vinculada á Ría de Arousa, que comparten as provincias de A Coruña e Pontevedra. Queremos a través desta entrevista poñer en valor e recoñecer o traballo feminino na mar. 



O alumnado de 3ºEP entrevista a Sandra Amezaga de Mulleres Salgadas
A que sabe o peixe? quen son e que fan as Mulleres Salgadas? que podemos facer os nenos e nenas para reducir a contaminación dos mares? Estas son só algunhas das cuestións que o alumnado de 3º de primaria decidiu preguntarlle a Sandra Amezada, secretaria da Asociación Mulleres Salgadas, que se pasou pola nosa radio nestes días. Grazas Sandra!!




jueves, 25 de abril de 2024

XII DÍA DAS RAPAZAS NAS TIC

 






O próximo xoves, 25 de abril, o Centro de Supercomputación de Galicia, a Secretaría Xeral de Igualdade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia organizamos o "Día das Rapazas nas TIC" (Girls in ICT Day), dirixido especiamente ao alumnado do último ciclo de centros de primaria e secundaria de Galicia. Este ano contamos tamén coa colaboración do CITIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela). O Día das Rapazas nas TIC é unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que vexan as posibilidades e atractivo do ámbito das tecnoloxías para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional. https://www.itu.int/women-and-girls/girls-in-ict/ Para celebralo, ese día no CESGA teremos dúas actividades, unha, virtual, para todos os centros de Galicia e outra, presencial, para alumnado dos centros próximos a Compostela: COLOQUIO VIRTUAL DE TECNÓLOGAS GALEGAS CO ALUMNADO DOS CENTROS EDUCATIVOS Un coloquio virtual dende centros educativos por streaming con 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poderá coñecer a súa traxectoria previa, o día a día do seu traballo, preguntar calquera dúbida sobre este eido profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido. A apertura institucional do evento será ás 10:45, e o coloquio comezará as 11:00 ata ás 12:30.

miércoles, 24 de abril de 2024

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CON ANXO FARIÑA

Diversimonstros! e A cidade violeta son os títulos dos obradoiros de ilustración impartidos por Anxo Fariña os días 24 e 25 de abril de 2024. 

Diversimostros! ten o obxectivo de avanzar na nosa Misión do ODS 10: Redución das desigualdades. O alumnado aprendeu a pintar, debuxar e crear un xogo monstruoso, pero sobre todo aprendimos que non todos somos iguais e que as diferenzas son as que fan máis marabillosa a humanidade e o noso mundo.

Cidade violeta ten o obxectivo de aprender facendo e de forma divertida e estivo destinado a nenas e nenos de entre 6 e 11 anos e no que, guiados polo coñecido escritor e ilustrador galego Anxo Fariña,  poderán construír a súa propia cidade en forma de libro. Unha obra moi especial con varias posibilidades de lectura e unha particular sorpresa que só se desvelará ao aplicar luz ultravioleta ao documento: “A idea é que, cunha pintura especial deseñada para brillar na escuridade, o alumnado vaia plasmando mensaxes e escenas propios da unha cidade sen violencia de xénero nos seus libros”

Tamén se fixeron 2 sesións de ilustración infantil: Obradoiros de ilustración de luces e sombras. 

  • 24 de abril Diversimonstros 1º+2º EP 10:00-11:00 Diversimonstros 3º+4º EP 12:00-13:00 A cidade violeta 5º+6º EP 13:00-14:00 
  •  25 de abril Obradoiro ilustración (Anxo Fariña) Ed. inf. 10:35-11:30 h Ed. inf. 12:00-13 h Dous grupos










martes, 23 de abril de 2024

Saída á Casa Grande de Xanceda

Este 12 de xuño o noso alumnado de 2º, 3º,  4º de Educación Primaria, foi á Casa Grande de Xanceda, onde descubrimos a biodiversidade da zona. Aprenderon, por unha banda, a importancia da gandeiría ecolóxica, coñeceron como funciona a granxa e como elaboran os iogures eco. Ademais, aprenderon sobre a vida e obra da escritora galega María Victoria Armesto, propietaria orixinal da casa e precursora da granxa xunto ao seu marido. Aprendemos a valorar non só sobre o patrimonio natural, senón sobre os patrimonios literario e etnográfico.

Subida en curso: 2230272 de 3407408 bytes subidos.


Subida en curso: 2230272 de 3552758 bytes subidos.

Subida en curso: 2230272 de 3476946 bytes subidos.

Subida en curso: 2230272 de 3346584 bytes subidos.



























jueves, 18 de abril de 2024

Quen teña honra que me siga!

Con esta frase de María Pita, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria descubriu hoxe a importancia que tivo o Castelo de Santa Cruz na historia defensiva da ría da Coruña. Ademais, aprendemos sobre a vida de Emilia Pardo Bazán quen mercou o castelo para usalo de residencia de verán, pagando só 2 bois! 

Coñecemos que a filla de dona Emilia, ao enviuvar, decidiu doalo para os orfos e orfas da Guerra Civil, converténdose durante case 40 anos na vivenda de centos de nenos e nenas.

Actualmente o castelo é a base do CEIDA, sendo os seus biólogos quen nos fixeron o percorrido pola illa, amosándonos non só a súa historia, senón toda a natureza que atopamos nela. 




















REUNIÓN OBSERVA-ACCIÓN: PREPARACIÓN DA MEMORIA FINAL

 Mércores 18 de abril 2024. Xa efectuada a visita ao CEIP Pintor Rosales de Madrid no mes de marzo 2024, e exercido como anfitrións recibindo ás docentes deste centro madrileño a pasada semana, temos agora como cometido tratar de marcar os puntos de actuacións para realizar unha memoria final que serva para avaliar estes meses de traballo dentro desta III Fase do programa Obsera-Acción. Na reunión fixemos un repaso minucioso da rúbrica de avaliación e un percorrido colectivo pola Aula Virtual do Centro de Formación, para revisar as actividades que temos que completar, parte da avaliación deste proceso. Moi importante foi a revisión do material que se está a editar para a elaboración do produto audiovisual que servirá como memoria da nosa participación nesta fase do programa. 



martes, 16 de abril de 2024

ESCRITA CREATIVA EN GALEGO: III CONCURSO DE MICRORRELATOS

 Cara a celebración do día do libro o equipo da Biblioteca e o EDLG lanzamos o III Concurso de escritura creativa de Microrrelatos.

A través del podedes  deixar voar a vosa imaxinación e trasladarnos  a vosa creatividade. 

Poderán participar o alumnado dende 5º de EP ata 4º de ESO.

      Aquí podedes consultar as BASES.  ANIMÁDEVOS A CREAR!!!

III CONCURSO DE MICRORRELAT... by yolick20003194

viernes, 12 de abril de 2024

FÁLAME DA EMIGRACIÓN

Venres 12 de abril 2024. Biblioteca Castelao e UUMM

Este venres recibimos no CPI Virxe da Cela a un grupo de persoas maiores que viñeron falarnos das súas experiencias na emigración a Europa e a América. Os rapaces e rapazas de 4º de ESO realizaron preguntas relacionadas co proxecto de "A miña familia no século XX" que están a elaborar na materia de Xeografía e Historia e os nenos e nenas de 4º de EI preguntaron sobre os oficios que desempeñaban e cuestións que lles chamaron a atención sobre as viaxes que fixeron. Ao remate, todos xuntos, degustamos unha pequena merenda na Aula de Usos Múltiples. Foi unha experiencia interxeracional totalmente enriquecedora!






Rosa Cabana Sande (emigrada a Francia), Ezequiel Juan Luís Guntín Vázquez (emigrado a Arxentina e República Dominicana) e Mª José Varela Quintela (emigrada a Suiza), acompañadas por Teresa Alonso, do Espazo+60 de Afundación de Pontedeume. 



NÓS SOMOS ELAS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e as participantes no programa Donas de si, queremos convidarvos a desfrutar da exposición itinerante "Nós somos elas" que cedeunos temporalmente a Deputación da Coruña. A mostra consta dunha serie de fotografias nas que se recolle a esencia do mundo rural e mariñeiro e póñese en valor a importancia da presencia feminina tantas veces silenciada. As instantáneas, pertencentes ao Arquivo Vidal, acompáñanse das verbas de poetisas contemporáneas para dar máis forza ás imaxes.  Esta mostra estará no centro ata o próximo día 22 de abril 2024 e podedes atopala na biblioteca e no corredor da planta baixa do edificio de secundaria.

A mostra "Nós somos Elas", da área de Igualdade da Deputación da Coruña e a AC Alexandre Bóveda, quere poñer o foco nas mulleres, retratadas no seu ámbito privado e laboral polo histórico fotógrafo de Laxe e con voz propia asinando os textos cos que dialogan as imaxes. Mulleres acompañadas dos seus fillos e fillas son os conxuntos máis repetidos nos 24 retratos seleccionados do Arquivo Fotográfico Vidal, concretamente de José Mª Vidal, da colección permanente do Museo de Mar de Laxe. Son pezas do pasado e do presente que constrúen un relato diferente, inclusivo, que trae ás mulleres a ocupar o seu lugar na historia, a facelas protagonistas e visibilizalas". O arquivo está composto por máis de 67.000 imaxes, realizadas dende finais do século XIX ata finais do século XX, polos fotógrafos locais José María Vidal -de quen son a totalidade das imaxes da mostra- e o seu pai Plácido Vidal. Os Vidal foron retratistas da vida cotiá de Laxe e toda a comarca e non houbo acontecemento social que non pasase polas súas cámaras. Festas, procesións, concentracións deportivas, actos relixiosos, personaxes populares, visitantes ilustres, nada escapou ao seu obxectivo. 

Ana Romaní, Antía Otero, Berta Dávila, Chus Pato, Clara Vidal, Dores Tembrás, Eli Ríos, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Helena Villar Janeiro, Lucía Aldao, Lucía Novás, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, Marica Campo, Marta Dacosta, Medos Romero, Mercedes Queixas, Miriam Ferradáns, Olga Patiño, Pilar Pallarés, Rosalía Fernández Rial e Yolanda Castaño son as poetas que participan na mostra, poñendo palabra ás imaxes de José María Vidal.