viernes, 16 de mayo de 2025

Con Lingua Propia: teatro para conmemorar o Día das Letras Galegas

 

Dentro das actividades de celebración das Letras Galegas hoxe contamos co espectaculo Con Lingua Propia promovido polo concello de Monfero dentro do programa cultural da Deputación da Coruña. Del participaron  o alumnado da Ed. Infantil e da Ed. Primaria.

Estamos ante un espectáculo  da compañía Peter Punk Pallaso pensado para ampliar a oferta de ocio en lingua galega dirixida a público infantil e familiar. Combina as máis variadas técnicas circenses cun humor adaptado á realidade e á lingua galegas, cuns diálogos e números pensados especialmente para presentar o idioma de Galicia como parte esencial da vida cotiá dos galegos e galegas. Nel se repasan aspectos da nosa lingua cun coidado vocabulario combinado con xogos malabares e humor.

       

                                                                                                            Imaxes de Peter Punk Pallaso. 

CELEBRACIÓN DOS MAIOS E DAS LETRAS GALEGAS 2025

 Todos o anos aproveitamos para festexar conxuntamente no CPI Virxe da Cela dúas datas moi significativas: o Día das Letras Galegas e a Festa dos Maios. Este ano, máis que nunca, esta celebración estivo totalmente fusionada, xa que O Día das Letras Galegas 2025 céntrase na poesía popular oral, concretamente nas "cantareiras" (cantantes). Esta celebración é unha homenaxe á tradición oral de transmisión da música e as cancións galegas, así como ás mulleres que mantiveron viva esta tradición ao longo dos séculos.  Igualmente a  festa dos Maios, unha celebración tradicional que conmemora a chegada da primavera e o final do inverno, baséase na participación da comunidade nunha atmosfera festiva co canto de coplas e cancións e na exbibición de estructuras e alfobras vexetais. 

Comezamos a xornada do venres 16 de maio 2025 baixando por quendas ao patio para poder dar forma a unha fermosa alfombra floral de forma circular como as pandeiretas e a ilustración dunha cantareiras, así como para a decoración dunha estructura cónica con motivos vexetais. Ambos elementos situáronse no escenario do Festival, que dando comezo ás 12:30 horas coa sucesión de números musicais e as interesantes intervencións dos presentadores, serviu para difundir entre o alumnado e profesorado do centro a importancia tanto das persoas que transmitiron esta riqueza do noso patrimonio (Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro dás Pandeireteiras de Mens, Malpica) como a figura de Dorothe Schubart, quen compilou o seus cantos no Cancioneiro Popular Galego. 











domingo, 11 de mayo de 2025

LENDAS DO MOSTEIRO: UNHA VIAXE INMERSIVA AO PASADO

 Lendas do Mosteiro: unha viaxe inmersiva ao pasado, é o título do proxecto presentado no III Concurso Audiovisual “ANPAS Galegas-Somos Rural”.

A través deste proxecto quixémoslle dar ao noso alumnado (3º ESO)  a posibilidade real de reconstruír o presente e cimentar o futuro partindo dos seus intereses e motivacións, por iso o produto elixido foi un videoxogo. A nosa proposta Lendas do Mosteiro consiste simulación do deseño dun videoxogo que combine a realidade inmersiva coa rica historia do Mosteiro de Monfero (de aí o subtítulo Unha Viaxe Inmersiva ao Pasado). 

O vídeo e o cartaz que se presentan a concurso constituirían o “trailer” promocional do lanzamento deste videoxogo ao mercado, coa idea de captar a atención dos xogadores/as.  

Cartel promocional: Quixemos emular un cartel promocional de videoxogo, unha peza visual que non so busque informar (título proxecto, logo ANPAS Galegas, datos do concurso, datos do centro educativo), senón tamén seducir e captar a imaxinación dos/as gamers. Todos os elementos foron elixidos coidadosamente, para captar a esencia do xogo. O Mosteiro de Monfero como eixo central, con estética pixelada e filtro de cor que o mimetiza coa contorna natural e vexetal (Fragas do Eume), e pequenos elementos que ocupan un plano secundario 1 Memoria xustificativa Lendas do Mosteiro: unha viaxe inmersiva ao pasado. III Concurso Audiovisual “ANPAS Galegas-Somos Rural” (mandos da consola, espada, copa, estandarte, avatares feminino/masculino) e que reforzan tanto a idea de videoxogo como o seu contexto histórico (Idade Media). A selección dunha tipografía axeitada (pixel-art) así como o concepto virxedacelagamestudio (nome ficticio do  estudio de deseño e programación de xogos multimedia) axudan a potenciar o produto.  

Vídeo: Adaptándonos ás bases do concurso (duración 3 minutos) pensamos na idea recrear un “trailer” ou avance do lanzamento do videoxogo perseguindo fundamentalmente tres obxectivos: informar sobre a existencia do videoxogo e da súa próxima estrea, crear expectación e transmitir o estilo do produto (estética e temática). Estudo previo e pormenorizado da linguaxe cinematográfica e traballo minucioso de edición buscando a construción dunha atmósfera envolvente, que, axudada por unha banda sonora narrativa, arrastre ao espectador/a a mergullarse na historia e na trama. Utilización de elementos textuais con tipografía medieval para reforzar ideas e aportar unha linguaxe inclusiva.  Imaxes: Ante a imposibilidade de realizar gravacións no propio Mosteiro (falta de medios e de tempo) recurrimos a imaxes xeradas con IA que permitiron  ambientar o videoxogo nun escenario similar, trasladándonos a unha época medieval escura e cruenta, onde conviven monxes, campesiños/as e señores feudais. 





Imaxes representativas da iniciativa.



viernes, 9 de mayo de 2025

Ovos no aire!

Dentro dos obradoiros científicos contamos cunha proposta para estudar o fenómeno da caída libre. A proposta consistía en deixar caer un ovo dende o primeiro andar do colexio co obxectivo de observar como actúan as forzas durante a caída e analizar os efectos do impacto.

Antes de levar a cabo o lanzamento o alumnado tiveron que deseñar varias estruturas protectoras para o ovo podendo empregar diversos materiais como o plástico de burbullas, téxtiles, ou calquera outro elemento que atopaban no laboratorio, para evitar que o ovo se rompera ao chegar ao chan.


Imaxes do proceso de preparación do lanzamento.
.

Vídeo Cuenta Atrás Números Animado Cinematográfico Negro de Maria del Camino

jueves, 8 de mayo de 2025

III CONCURSO SOMOS RURAL TRABALLOS PARTICIPANTES

O xurado da Confederación ANPAS GALEGAS tomou a decisión de nomear gañador do III Concurso ANPAS GALEGAS-Somos rural, á equipa que representa ao CEIP Plurilingüe Os Casais, e ao seu proxecto "Horreos: patrimonio material e inmaterial".

Dende ANPAS GALEGAS consideramos a tódalas equipas participantes no III Concurso Somos Rural gañadoras e dignas merecedoras de levar o premio. Cada un dos proxectos presentados demostra un profundo compromiso coa posta en valor do entorno rural, polo que tódolos participantes deben sentirse orgullosos da súa participación.

O recoñecemento ao seu labor esténdese máis alá dos premios, abarcando o aprecio e o respecto de quen entendemos a importancia dos seus traballos.

En definitiva, o III Concurso Somos Rural é una celebración do esforzo colectivo por preservar e mellorar o patrimonio rural. Cada participante, co seu proxecto único, xoga un papel crucial neste obxectivo común. A verdadeira recompensa é a transformación positiva que estes proxectos aportan as comunidades rurais e o exemplo que establecen de cara as futuras xeracións.

ANPAS GALEGAS continuará apoiando e promovendo iniciativas que destaquen a importancia do rural e o seu potencial para contribuír o benestar xeral da sociedade. Felicitacións a tódolos participantes polo seu incrible traballo e compromiso!

Para poder ver os proxectos: https://somosrural.anpasgalegas.gal/proxectos-3a-edicion/







miércoles, 7 de mayo de 2025

Visita ao Castro de Elviña

 Visitar o Castro de Elviña e aprender sobre a cultura castrexa é unha maneira fantástica de coñecer como vivían os nosos antigos habitantes na Galicia de hai moitos séculos. 

Este castro, situado en A Coruña, é un importante exemplo do patrimonio cultural galego, e ao visitalo podemos descubrir como os castrexos se organizaban, que tipos de vivendas construían, como se alimentaban e que obxectos usaban. 

A través deste coñecemento tamén podemos aprender sobre a etnografía da época, é dicir, as costumbres e as tradicións do pobo castrexo. 

Ademais, este tipo de visitas permítennos valorar mellor as nosas raíces e comprender a importancia de coidar o noso entorno natural, que tamén formaba parte da súa vida. Visitar o Castro de Elviña foi unha maneira divertida e educativa de sentirnos máis conectados co noso pasado e con todo o que forma parte da nosa identidade galega.












viernes, 2 de mayo de 2025

“Florín: a Maleta viaxeira da Educación financeira”

 Toda unha experiencia de aprendizaxe que compre aproveitar. Calidade e fundamentación científica da man para unha educación de calidade.

Que contén “Florín: a Maleta viaxeira da Educación financeira”? Na Maleta viaxan a distintos centros escolares de España, entre eles a nosa escola.