viernes, 13 de noviembre de 2009

SANMAÍN

Na última semana de outubro realizamos unha exposición de caveiras na entrada de Eduación Primaria, decoradas polo alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria. Esta exposición foi organizada por Pilar Montero, a mestra de Lingua Extranxeira.




En Educación Infantil realizamos:

Un obradoiro de maquillaxe: pintámonos a cara con maquillaxe de Halloween co fin de asustar á xente: de meigas, vampiros, esqueletos e cadaveiras, empregando só tres barras de pintura (branca, negra e vermella).

Xogos psicomotores: trátase dunha versión espeluznante de "cadeiras musicais". Colocamos varias cadeiras, unha menos que o número de nenos/as. Convertemos as cadeiras en tumbas con bolsas de plástico negro. Puxemos música con sons terroríficos ou música de halloween. Cando a música paraba, os/as nenos/as tiñan que ocupar unha "tumba", e o/a que quedaba fóra eliminábaxe do xogo.

Pasa a caveira: Os/as nenos/as sentados en círculo, pásanse uns a outros a caveira, ao son da música. Cando para a música, o neno que teña a caveira nas mans ou que fora o último en tocala queda eliminado. O gañador é o que chega ata o final.

Actividades plásticas: caretas e máscaras; vaciado e decoración de caveiras, empregando paños, lentes e outros obxectos. Despois de vaciada a caveira, introducimos unha vela, apagamos as luces, pechamos as persianas... creando unha atmósfera terrorífica, ao mesmo tempo que estabamos a ler un conto propio do día. Participamos na exposición de caveiras, na entrada da escola.

No hay comentarios:

Publicar un comentario