O martes 10 de novembro de 2009, en sesión de tarde, os/as nenos/as e mestres/as de Educación Infantil e Educación Primaria celebraron o magosto cos seguintes actos:
Concurso de baile de peóns: no cal participaron todos os nenos/as de Educación Infantil e Eduación Primaria. Para motivar e formentar o uso destes xogos tradicionais entregáronse agasallos a aqueles/as nenos/as que mellor o fixeron.
Degustación de castañas coa colaboración da cociña: para a degustación das mesmas cada neno/a na súa aula elaborou e decorou o seu propio cucurucho.
Esta xornada de Magosto estivo organizada por Sara Ferreiro, a mestra de Eduación Física.
En Educación Infantil realizáronse as seguintes actividades para a celebración do Magosto:
Celebración do Magosto: Os nenos/as trouxeron á escola unha pequena bolsiña de castañas, e asámolas o día 10 de novembro, na xornada do magosto escolar. Previamente elaboramos na aula uns cucuruchos. Disfrutamos da degustación de castañas.
Visita a un bosque de castiñeiros. Os/as nenos/as observaron os diferentes tipos de árbores, prestando especial atención ao castiñeiro, analizando a súa folla, o froito, e manipulando o ourizo para coñecer de onde salen as castañas.
Elaboración dun libro de frutos do outono: para a castaña empregamos papel charol para simular a textura da súa cáscara e escribimos as súas características máis relevantes.
Actividades plásticas: realizamos un colar de castañas e un móbil con follas de castiñeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario