O pasado venres 17 de Febreiro despois de dar boa conta no comedor dun espectacular cocido con grelos de Monfero e degustación de orellas de postre, o alumnado de secundaria celebrou o Entroido no C.P.I. Virxe da Cela. Os nosos alumnos e alumnas e varios profesores/as amenizaron a xornada con bailes, actuacións e disfraces. A verdade é que o pasamos moi ben. Polo patio circularon personaxes tan diversos como un grupo de música oriental, que nos deleitou cunha sublime actuación, os vellos do colesterol coas súas cadeiras operadas pero con unha marcha impresionante , King África ou os os homes de piensos Biona.
Realizamos un concurso de disfraces no que houbo premios para as diversas categorías e rematamos a celebración participando todos xuntos nun baile de Entroido.
Aqui vos deixamos unha mostra do que foi o festival
yolick, parabéns pola túa crónica... polo slideshare... por traballar en vacacións... e por ter en conta as miñas palabras. Satélite
ResponderEliminarVaia pila de antroid@s, pó ano repetimos! Pero a Carolina non veu nada; esquecéuselle o peine na casa...
ResponderEliminar