sábado, 22 de junio de 2013

PRESENTACIÓN DE XESTEIRA EN PAPEL

Despois de cinco anos sen ver a luz en formato papel, Xesteira vén de recuperar a súa condición de anuario do CPI Virxe da Cela, non so das actividades desenvolvidas para dinamizar a lingua galega a través das propostas do EDLG, senón tamén dando cabida a variadas colaboracións de profesorado, alumnado, APA, e recollendo imaxes e textos referidos á vida académica da nosa escola no que xa remantamos curso 2012-2013. Precisamente o venres 21 de xuño de 2013, día oficial do remate do calendario escolar para o alumnado, aproveitamos para presentar esta revista escolar, nun agradable acto de despedida do alumnado de 4º da ESO e de PCPI que concluía o seu paso pola nosa escola. Antonio González López, alumno de 4º da ESO e xornalista oficial de Xesteira foi o encargado de repartir entre todo o alumnado e profesorado do centro (así como ao personal non docente: cociñeiros/as, administrativa, bedel e limpiadoras) un exemplar de Xesteira: 36 páxinas a toda cor e con calidade "super", non so no acabado (queremos agradecer á empresa Copitec de Betanzos por o acabado impecable), senón nos contidos... moitas imaxes e textos para saborear nas vacacións de verán. Para aqueles/as menos afortunados (os que non recibiron a revista en formato papel) vos deixamos pendurada a versión dixital.




 
 






 



miércoles, 19 de junio de 2013

PREMIO LITERARIO



Desde o EDLG as nosa máis sinceira noraboa a una exalumna do noso centro, María Santamariña, que agora cursa 1º de bacharelato no IES Francisco Aguiar de Betanzos, por acadar o primeiro premio no certame de creación literario das Lestras Galegas celebrado na vila de Betanzos. É todo un orgullo para nós comprobar que a xente que pasou polas aulas do CPI Virxe da Cela van deixando o noso listón ben alto.


miércoles, 5 de junio de 2013

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA A TRAVÉS DE ROSALÍA DE CASTRO




10 de maio de 2013. 5º e 6º primaria. Editorial Kalandraka, tendo como referencia a obra de Rosalía de Castro.