Parabéns aos nove docentes do CPI Virxe da Cela (Monfero) que se embarcaron fai uns meses nunha esperamos que longa travesía a través do "Programa Observa-Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais" da Xunta de Galicia. Foron moitas as horas empregadas para sacar adiante a nosa participación na I Fase, así como todo o esforzo requerido para facer a memoria de avaliación da mesma. Mais tivemos a compensación: non so por todo o que aprendimos entre nós nas observacións nas aulas do CPI Virxe da Cela, senón porque superando esta primeira fase agora toca aprender doutras experiencias a través do intercambio con outro centro galego. Parabéns en moita sorte na II Fase do Programa!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario