O programa Obradoiros Talento Mozo 2023 é un programa de educación non formal
no ámbito educativo que tratará de visibilizar a creatividade, a innovación e o impulso
da xente moza a través da realización de 30 obradoiros en centros de educación
secundaria obrigatoria repartidos polas catro provincias da Comunidade Autónoma de
Galicia. O obxectivo do programa é dar a coñecer traxectorias relevantes de mozas e mozos
galegos que pola súa creatividade, innovación e impulso destacan profesionalmente
en ámbitos diversos, á vez que se pretende estimular e incentivar a análise e reflexión
no alumnado receptor.Obxectivos específicos
Os obxectivos específicos do programa son:
• Expoñer experiencias próximas e reais da mocidade que amplíen o campo de
referencia para o alumnado participante.
• Resolver dúbidas do ámbito laboral por parte dunha persoa que actualmente
traballa ou se formou naquilo ao que o alumnado se quere adicar.
• Falar dos problemas, así como das posibles solucións, que lles xurdiron aos
mozos e mozas participantes e que lles fixeron chegar ata onde se encontran
hoxe en día.
• Coñecer cal é o estilo de vida, o día a día ou os futuros retos das persoas
relatoras co fin de xerar un espazo de confianza e próximo co alumnado.
• Fomentar a participación real dos alumnos e alumnas durante o
desenvolvemento do programa.
• Promover o desenvolvemento das habilidades persoais dos participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario