Un recoñecido autor, Richard Louv en su libro “ Los últimos niños en la naturaleza” destaco que na actualidade moitos menos e nenas viven privados do contacto co medio natural chegando a acuñar o termo «Trastorno por Déficit de Natureza”.
Na nosa realidade
non temos esa dificultade, nin nos fogares ni na escola pois, o noso alumnado
conta cos beneficios físicos e psíquicos de contar coa posibilidade de
experimentar, xogar e sentir na natureza.
Así, o plasmou o
noso alumnado cando neste curso escolar crearon a Mega-construción do “Hotel dos Bechos”.
Con ela estimularon
a súa imaxinación e creatividade con múltiples hábitats covas e refuxios cheos
de canalizacións, pontes e fogares incorporando recursos e bechos que eles
mesmos trouxeron dos seus fogares.
Aquí deixamos unha pequena mostra deste traballo colectivo que deixou moi bos ratos e unha morea de aprendizaxes: convivencia, espírito de cooperación, apego polo medio, autonomía, habilidades sociais, ... en definitiva, unha rapazada de 10!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario