martes, 13 de junio de 2023

I CERTAME INFANTIL DA ILUSTRACIÓN NO CONCELLO DE CURTIS

 A Asociación de Promoción e Celebración de Feiras do Concello de Curtis vén de comunicar a realización do I Certame Infantil da Ilustración do Concello de Curtis, un concurso que se enmarca nas diferentes actividades programadas para a VII edición de "Curtis na lembranza - As feiras de 1900" que este ano está adicado á artista curtiense María Antonia Dans. Este certame, no que colabora o Concello de Curtis, vai dirixido a mozos de entre 6 e 16 anos de calquera procedencia e co que se pretende achegar a figura da artista aos máis xóvenes. Os interesados en participar deberán entregar antes do 7 de xullo unha reproducción dunha das obras de Mª Antonia Dans. Outorgarase un total de 500 euros en premio e lotes de materiais para artistas. Os traballos expoñeranse durante os días 29 e 30 de xullo durante a celebración de “Curtis na lembranza, as feiras do 1900…” e os traballos premiados pasan a ser propiedade da Casa Museo de María Antonia Dans. O veredicto do xurado e a entrega de premios terá lugar o domingo 30 de xullo (a hora publicarase no programa da feira de 1900)




Bases Certame Ilustración María Antonia Dans Copy by veracruces on Scribd

No hay comentarios:

Publicar un comentario