Dúas docentes do CPI Virxe da Cela que forman parte do equipo de docentes que participa no programa Observa-Acción, asistiron o pasado mércores 4 outubro 2023 ao Encontro Internacional "Observa-Acción" que tivo lugar na Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.
Tras a apertura institucional por parte do conselleiro Román Rodríguez, a conferencia inaugural corre a cargo de Matthew O’Leary, catedrático de Educación e director do centro de investigación CSPACE da Universidade de Birmingham, baixo o título Reimaxinando a observación como ferramenta para entender e mellorar a calidade do proceso ensino-aprendizaxe.
Ao longo da mañá sucedéronse as sesións de traballo coa exposición de experiencias de éxito do programa en Galicia coa participación dos colexios Martínez Alonso (Mos) e Plurilingüe Santa Lucía (Moraña), dos institutos Sofía Casanova (Ferrol), Plurilingüe A Cachada (Boiro), Carlos Casares (Viana do Bolo), Xograr Afonso Gómez (Sarria) e das escolas oficiais de idiomas da Coruña e de Pontevedra.
Na sesión de tarde levouse a cabo unha mesa redonda internacional coa participación de técnicos e asesores educativos dos gobernos autonómicos de Galicia, Castela e León, Aragón, Madrid, Estremadura, ademais de Portugal, así como relatorios con experiencias de éxito noutras comunidades autónomas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario