Tal como comenta Yolanda Castro, coordinadora do EDLG no CPI As Mirandas e tamén docente no CPI Virxe da Cela "esta actividade foi coordinada dende o noso centro polo Equipo de Dinamización Lingüística e o departamento de Lingua Galega e impulsada pola Concellería de Cultura de Ares, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade. Despois do obradoiro de formación (impartido
por Andrea Rico Adega, que pertence a asociación Rexenerando) e da fase de investigación
realizada no cole, na que o alumnado afondou na enorme variedade da escena musical
galega, esta estupenda rapazada plasmou todo o seu traballo neste magnífico
programa de radio. Parabéns a todo o alumnado de 1º de ESO polo ben que o
fixeron e mención especial a Manu Ramil (alumno de 1º A) que realizou a gravación,
edición e montaxe do mesmo. Sodes uns cracks!.
Aquí tedes o podcast “Somos un pobo de artistas”. Non deixedes de escoitalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario