viernes, 9 de mayo de 2014

EXPOSICIÓN XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


O alumnado de 3º da ESO do CPI Virxe da Cela dedicaron a tarde do venres 9 de maio de 2014 a preparar un monográfico sobre Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014, que será gravado en formato radio o vindeiro venres 16 de maio, véspera desta conmemoración tan importante na nosa terra, Galicia. Os rapaces e rapazas de 3º da ESO conducirán este programa, guiados por Lucía e Sergio, os xornalistas que imparte o obradoiro "Laboratorio Radiofónico", así que darán voz aos poemas de Díaz Castro, farán un percorrido pola súa vida e obra, e contarán detalles significativos para este autor. Para preparar este monográfico utilizaron diferentes fontes e documentación, entre elas os paneis da exposición sobre Díaz Castro (Xunta de Galicia) que están expostos diante da biblioteca escolar, e que animamos ao resto de escolares a visitar para achegarnos un pouco máis ao poeta de Guitiriz. 

martes, 6 de mayo de 2014

MARCAPÁXINAS DÍAZ CASTRO

DÍAZ CASTRO, GUÍA DIDÁCTICA EDUCACIÓN SECUNDARIA

DÍAZ CASTRO, GUÍA DIDÁCTICA EDUCACIÓN PRIMARIA





MONOGRÁFICO DÍAZ CASTRO, CGENDL

Un curso máis, a CGENDL pon á disposición da comunidade escolar unha páxina monográfica que compila recursos e materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, nesta ocasión o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro. Nela, partíllanse recursos didácticos como actividades para imprimir e en liña, información en diferentes soportes, exposicións, xogos, experiencias en centros, etc. que foron elaborados por docentes, ENDL e outros grupos de traballo dos centros escolares, institucións, asociacións, etc. Dende a CGENDL pretendemos novamente facilitar o voso labor nas aulas; por iso, agardamos polos vosos traballos, propostas e experiencias para partillar co resto do profesorado e as familias: correo@coordinadoraendl.org.

Se premedes na imaxe poderedes acceder directamente á páxina da CGENDL que contén o monográfico sobre Xosé María Díaz Castro.


lunes, 5 de mayo de 2014

PONTE NAS ONDAS 2014

Se premedes na imaxe inferior poderedes acceder á páxina web que contén información sobre a XX edición da Xornada Multimedia de Comunicación "Ponte...nas ondas". Os organizadores desta iniciativa queren facer un chamamento a todos os centros educativos para que se sumen á celebración deste 20 aniversario.



EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS 2014

A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de remitir ao noso centro a unidade didáctica e os dez carteis que forman o material editado con ocasión do Día das Letras Galegas 2014. Esta iniciativa responte ao desexo de profundar no coñecemento do autor homenaxeado, Xosé María Díaz Castro, e de aproximar a súa obra ao alumnado a través de materiais didácticos novos e orixinais.

Entre os distintos traballos presentados ao Concurso-Exposición Letras Galegas 2014 que a Secretaría Xeral de Política Lingüística promove, resultaron gañadores:

-"Esmeralda", do CEIP Plurilingüe de Lagostelle de Guitiriz, na categoría de educación infantil e primaria.

-"Sombras radiantes", do IES Perdouro de Burela, na categoría de educación secundaria obligatoria e bacherelato, de formación profesional e restantes centros de ensinanzas especiais.