viernes, 9 de mayo de 2014

EXPOSICIÓN XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


O alumnado de 3º da ESO do CPI Virxe da Cela dedicaron a tarde do venres 9 de maio de 2014 a preparar un monográfico sobre Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014, que será gravado en formato radio o vindeiro venres 16 de maio, véspera desta conmemoración tan importante na nosa terra, Galicia. Os rapaces e rapazas de 3º da ESO conducirán este programa, guiados por Lucía e Sergio, os xornalistas que imparte o obradoiro "Laboratorio Radiofónico", así que darán voz aos poemas de Díaz Castro, farán un percorrido pola súa vida e obra, e contarán detalles significativos para este autor. Para preparar este monográfico utilizaron diferentes fontes e documentación, entre elas os paneis da exposición sobre Díaz Castro (Xunta de Galicia) que están expostos diante da biblioteca escolar, e que animamos ao resto de escolares a visitar para achegarnos un pouco máis ao poeta de Guitiriz. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario