Mouchos, curuxas, sapos, bruxas e cabazas...
O alumnado de Educación Primaria e Educación Infantil realizou con motivo do Samaín unha exposición de cabazas decoradas e elaboradas polos rapaces e rapazas. Tamén pintáronse a cara con maquillaxe , pero como di o refrán… “unha imaxe vale mais que mil verbas”. Así que aquí vos deixamos un vídeo feito pola profe Camino no que podedes ver as espectaculares cabazas feitas polo alumnado e a sesión de maquillaxe dos nenos e nenas. A verdade é que algúns daban medo de verdade!!!
O alumnado de 4º da ESO decorou a súa aula para recrear a ambientación do Samaín utilizando cabazas, teas de araña e outros elementos decorativos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario