A música popular galega tivo protagonismo no Festival de Nadal que se celebrou no CPI Virxe da Cela o 20 de decembro de 2013. Voces femininas e masculinas, pandeiretas, botella de anís e acordeón para interpretar a fermosa peza "Xota de Bembibre". Os protagonistas nesta ocasión non foron soamente o alumnado (4º da ESO), senón que por ver primeira o escenario contou coa participación masiva dun grupo de profesores e profesoras do centro. Queremos agradecer a Mª José, a xefa de estudos de primaria, por ser a artífice desta iniciativa. Tamén a todos os/as mestres/as que, recén chegados ao noso centro, están a dar unha bocanada de aire fresco e dinamismo que se percibe en cada recuncho da nosa escola. Tal foi o seu entusiasmo que non se perderon nin un so dos ensaios e coidaron minuciosamente a posta en escea, elexindo as roupas tradicionais e deleitando ao público co baile final, mentras arrincaban os aplausos de todos/as os asistentes. Tras o éxito desde estreo en primicia, contamos convosco para a preparación dos Maios..
.
.
Gustoume moito, así dá gusto. Moitos parabéns e de verdade é unha satisfacción para min ver o ánimo e o traballo tamén aí, nese escenario.
ResponderEliminarSaúdos
Antonio González López