lunes, 22 de febrero de 2016

CHARLA LITERARIA CON FRANCISCO CASTRO






    Hoxe, o escritor Francisco Castro visitou o CPIP Virxe da Cela para un coloquio literario co alumnado de Monfero e Irixoa sobre tres dos seus libros: “O neno can” (do que tamén é coautora Fina Casalderrey), “Chamádeme Simbad” e “O corazón da Branca de Neve”.

    No transcurso da actividade, o escritor vigués desvelou algunhas das claves do proceso de creación literaria e respondeu ás cuestións dos cativos e cativas da ESO sobre estas obras da súa autoría. Tamén tivo ocasión de visionar unhas curtametraxes elaboradas no colexio e inspiradas nos seus relatos. Francisco Castro declarou estar impresionado por esta iniciativa dos alumnos e felicitounos polo traballo desenvolvido a prol da promoción da lectura. 

     Finalmente, foi obsequiado cun pequeno volume editado no centro con composicións literarias e ilustracións feitas polos nenos de Irixoa e Monfero como homenaxe a “O neno can” O coloquio transcorreu nun ambiente de complicidade entre o autor e os seus lectores, dada a empatía xerada por Francisco Castro dende o primeiro momento e o interese que as súas narracións espertaron entre os máis novos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario