Pasaron xa catro meses desde que os rapaces e rapazas de 2º e 3º da ESO do
CPI Virxe da Cela visitaron o Pico Sacro, en Boqueixon, para participar na Xuntanza Final do Proxecto Dragal (venres
16 de outubro de 2015). Durante horas estivemos percorrendo pistas labirínticas
do Pico Sacro, atopándonos por momentos con outros centros educativos e
combatendo con ansia ate ir acadando as pedras preciosas que unha vez sumadas
leváronnos ao primeiro posto deste xogo de rol. Houbo un traballo previo moi
importante no que o noso alumnado investiu moitas horas: a construción das
espadas e escudos que representaron ao noso centro.
Aproveitamos pois para facer unha exposición de
todos estes obxectos construídos para a ocasión, que xunto coas imaxes tomadas
no Pico Sacro axudaranvos a facervos unha idea do desenvolvemento da actividade,
e seguro que algún/ha aproveita a ocasión para facer algunha “batalla campal”
nos corredores da nosa escola! Viva a Fraternidade
do Dragón!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario