Neste ano 2016 o CPI Virxe da Cela cumpre 40 anos de historia. Debido a esta celebración levamos a cabo distintas conmemoracións e actividades. Unha actividade que pensamos que xa era o momento de facela era darlle ao colexio unha imaxe identitaria. Pensamos que o mellor era que xurdira do principal activo do colexio, e dicir dos nosos nenos, polo que convocouse un concurso de deseño do logotipo. A actividade levouse a cabo co alumnado de EP e ESO .
Puideron participar de forma individual ou por parellas presentando un máximo de tres propostas por alumno. O Concurso tiña por obxecto a creación dun deseño gráfico que identifique o noso colexio en tódolos ámbitos converténdose na imaxe representativa do mesmo. Incentivamos as referencias que identifiquen actividades propias do centro escolar ou da súa contorna.Suxerimos imaxes sinxelas tanto na forma como na súa interpretación. Puideron utilizar calquera tipo de técnica bidimensional: rotuladores, lapis, témperas, collage, ordenador etc. O alumnado de EPV de secundaria tivo unha clase teórica sobre deseño gráfico e outra de investigación persoal en internet e cos recursos bibliográficos da biblioteca. A data límite de entrega foi o 22 de xaneiro de 2016. Cos traballos recollidos fixemos unha exposición e votaron representantes de todos os membros da comunidade educativa para seleccionar o gañador.
1º Premio: Nerea Couceiro Gómez de 4º de ESO
Premio espEcial de Educación Primaria: Xiana
Mosquera Varela, de 3º de EPPremio especial de ESO: Silvia Roca Deibe de 4º de ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario