O pasado martes día 17 de xaneiro o alumnado de 1º e 4º da ESO visitou a área técnica do acuario. Alí guiado por Carlos un dos biólogos responsables poidemos ver a sala Nautilius dende o interior, visitar as distintos estancias interiores onde traballa o persoal e levan a cabo os distintos proxectos de investigación, entre os que destacan a cría en cautividade de diversas especies como o mero.
Tamén nos mostraron os acuarios de cuarentena onde estan os animais enfermos ou en observación antes de ser introducidos nos tanques dde exposición. Outro dos departamentos que visitamos foi a sala onde están a criarse os distintos animais que nacen no acuario, como son medusas, marraxos....
Esta visita tiña a finalidade de poder observar as tarefas de mantemento e os sistemas de filtración e depuración da auga, que forman unha inmensa rede de tuberías interiores, así como o laboratorio onde realizan as diferentes analíticas e crían fitoplancto e artemia mariña para criar aos alevíns das distintas especies. Co aprendido alí agora o alumnado de 4º deberá desenvolver un proxecto para instalar no centro os seus propios acuarios.
Como non podía faltar a visita incluíu ver o proceso de alimentación das focas onde se explicou o manexo dos animais por parte dos biólogos e veterinarios.
Ademái o grupo de 1º ESO gañador do concurso de portas do Samain puido desfrutar do seu premio dunha invitación na cafetería do acuario.
Ao final da visita recibimos un agasallo por parte do acuario: a muda dunha langosta que está xa exposta no centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario