O
pasado martes 17 de novembro ao alumnado da ESO foron de Excursión á
Serra de Forgoselo, situada entre ois concellos de A Capela e As
Pontes.
Durante
esta actividade o alumnado traballou varios aspectos relacionados co
currículo educativo:
En
esta visita tiña como unha das finalidades valorar diversos aspectos
ecolóxicos da zona. Como son as distintas paisaxes que podemos
observar como as zonas de brañas, modelaxes graníticas e a
peculiaridade desta Serra na que a explotación semiextensiva de
gando equino e vacún, conxuntamente á explotación forestal, fai
que se desenvolva un ecosistema de pastoreo característico no que
destaca a ausencia en moitas zonas de monte baixo que engade ao valor
paisaxístico unha protección fronte aos lumes.
Aspecto dunha das zonas de brañas. A intensa seca deste ano fai que zonas que antigamente nesta época do ano estaban encharcadas poidan ser agora transitables.
As formacións graníticas da zona engaden un alto valor paisaxístico a zona
A presenza de gando en réxime semiextensivo, ademáis do valor deste tipo de explotación, engade o valor de axudar ao control da maleza e protexer contra a expansión dos incendios.
Outro
dos atractivos que ademais da un valor engadido a este terreo é a
presenza de cogomelos nesta época.
Non
obstante tamén puidemos observar en certas zonas impactos sobre
estes ecosistemas, como proliferación de eucaliptos, colonización
dos toxos nas brañas moi ligado á progresiva seca das brañas polo
cambio climático.
Nalgunhas zonas a proliferación de eucaliptos e toxos comeza a ser excesiva, poñendo en perigo o valor natural deste ecositema.
Tamén
a resaltar como esta Serra está moi ligada coa produción
enerxética. Primeiro coa proximidade da antiga escombreira da mina
de carbón de As Pontes, actualmente en proceso de rexeneración
forestal; e actualmente co establecemento de parques eólicos nas
proximidades.
Ao fondo antiga escombreira da mina de carbón de As Pontes en proceso de rexeneración
Transitando pola serra co parque eólico ao fondo
Ademais
a actividade serviu para traballar outros aspectos como desenvolver
actividades físicas na natureza mediante a realización dun
percorrido de 7 km pola Serra traballando ademais o manexo do mapa e
orientación sobre o terreo, para o cal para a realización da ruta
marcouse un percorrido nun mapa da zona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario