Coincidindo coa chegada a Galicia do Pergameo Vindel (manuscrito do século XIII do trobador Martín Codax), o noso cole amigo, o CPI As Mirandas de Ares, presentouse ao Certame Vindevideos coa finalidade de que o alumnado poidese achegarse ás cantigas medievais galego-portuguesas e ao universo trobadoresco a través da linguaxe audiovisual. E aínda que non gañaron, queren compartir con nós a súa peza audiovisual,un estupendo traballo no que souberon amosar estupendamente as súas dotes interpretativas superando o vento e a choiva que os acompañou o día da grabación no adro da igrexa de Lubre.
Queremos, así mesmo, dar os nosos parabéns aos centros gañadores: o IES Francisco Asorey de Cambados (Pontevedra) e o CEIP do Carballal de Marín (Pontevedra). Tamén felicitar polo segundo premio ao Peque Coro do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol.
Aquívos deixamos o vídeo realizado polos nosos alumn@s de 4º de primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario