O Venres, 4 de Maio de 2018,
no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, os
nosos alumnos/as de 3º de Primaria e 1º de ESO, xunto coas profesoras
Mercedes D. Sánchez de Primaria e Mª
Teresa Blanco de Secundaría, acudimos o I
Congreso “ Aliméntate ben” como centro invitado, para expoñer o noso Proxecto Interdisciplinar conxunto: “ Canalico de cociña: Sabores de cores”, levado a cabo nas
materias correspondentes de Primaria e Promoción de Estilos de vida saudable en
Secundaria.
As nosas alumnas/os mostraron o magnifico traballo realizado durante todo o
ano, nas súas correspondentes clases con Mercedes e Teresa, o resto dos centros
participantes de toda Galicia, que tamén expoñían as súas experiencias.
Ademais de facer unha exposición oral, falando do Proxecto e mostrando vídeos
e fotos, tamén elaboraron un stand, para a feira que no mesmo congreso se levou
a cabo. No noso stand, que decoraron eles mesmos, con materias feitos polos
alumnos/as de Primaria e axuda da profesora Mercedes, puxeron en práctica a
elaboración de ricos zumes cardio-saudables, (os alumnos de 1º ESO e 3º de
Primaria), elaborados no momento, que ofreceron o resto dos participantes , que
visitaron o noso stand, para que os degustaran, explicándolles así mesmo, as
propiedades das froitas empregadas e os beneficios dos zumes. Incluso, o
Conselleiro de Educación e Sanidade, nos visitou e degustou un dos nosos zumes.
A xornada transcorreu tamén, coa visita dos nosos alumnos/as os outros
stands e tamén, a realización de
Obradoiros , onde por exemplo, aprendemos a diferenciar o peixe branco do azul,
o fresco do que non, a traballar coa pirámide da alimentación, etc.
Despois de xantar, tamén houbo tempo para o lecer e a diversión e
actividade física, xa que pola tarde, o noso alumnado de forma moi activa,
tomou parte nas actividades físico-deportivas que se fixeron, como: cardio-boxing, zumba, relevos
por equipos, circuítos, etc. O noso alumnado deixou o “ noso pavillón moi
alto!”.
Despois dunha xornada intensa e moi educativa, onde unha vez máis só temos
que sentirnos orgullosos das nosas nenas e nenos, só nos queda darlle os
parabéns polo traballo realizado, e agradecerlles a súa implicación e
colaboración de parte das profes Mercedes e Teresa, que están moi orgullosas
deles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario