viernes, 15 de octubre de 2021

Caras que dan medo

O equipo da biblioteca quere proponvos participar nunha actividade colectiva para decorar a biblioteca no Samaín.
A actividade consiste en facer unha cara a partires dunha lata baleira de refresco.

Algunhas orientacións para facela:

O primeiro paso sería darlle forma presionando cos dedos para facer ollos e boca. Isto non é imprescindible, se vedes dificultade poderían ir sen deformar.


O segundo paso consiste en forrar o bote con anacos de papel de seda, ou de secar as mans, ou papel de xornal ou calquera outro que vexades que pega ben no aluminio da lata. No almacén tedes cola branca e outros pegamentos.

Por último decorar o bote con témperas ou ceras brandas.


Estas indicacións son suxestións, podedes facer todas as variacións que queirades, o que si vos pedimos é que na parte de atrás non haxa decoración e que tampouco collan moito peso  porque ca totalidade das latas crearemos unha obra colectiva pegándoas todas nun panel, segundo a obra “Sen saída” de Manolo Quejido:

As datas para entregar os traballos son luns 25 e martes 26 de outubro na biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario