Este mércores, día 14 de decembro, o alumnado de Educación Infantil puido gozar dun contacontos grazas á Asociación Euroeume en colaboración con Solidariedade Internacional de Galicia.
María, a contacontos, viaxou por todo o mundo. Puido coñecer varios países como Bolivia, Guatemala ou o Sahara que foi dos viaxes dos que nos falou.
Estas viaxes tiñan algo en especial e é que María quería coñecer as tradicións e costumes dos países aos que viaxaba a través dos cinco sentidos.
Unha moi boa idea!
É por elo que escoitamos a "Morenada" canción tradicional de Bolivia...achegándonos a este país a través do canal auditivo ou ben cun pau de chuvia, propio da zona dos Andes.
Co tacto, sentimos na nosa propia pel as cinzas dun volcán de Guatemala, que aínda está activo por si non o sabíades!
Coñecemos un pouco máis do deserto do Sahara a través das súas vestimentas, apreciamos as cores das "melhfas" e ata axudamos a que María fixera a súa.
Sen esquecer, que co sentido do gusto saberíamos moito máis das costumes dos saharauis a través dos tres tés: amargo, doce e suave.
Moitas grazas María pola túa recomendación, agora á hora de viaxar poñeremos os nosos cinco sentidos en alerta.
Ata a próxima!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario