Martes 24 de xaneiro de 2023. Acto inauguración. A directora do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, Mª del Camino Pereiro, da un discurso inaugural e realiza o acto simbólico de desatar a lazada.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, participaron esta mañá no acto de apertura da quinta edición do programa 21 días co galego e + impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co obxectivo de promover o uso da lingua galega entre a xente nova tanto fóra como dentro da contorna escolar.
Nesta nova edición, que se desenvolverá en 12 centros galegos entre o 24 de xaneiro e o 13 de febreiro, participarán 4.564 persoas entre alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos, unha cifra que supera nun 20% a do ano pasado e que supón, ademais, a máxima participación nos cinco anos de traxectoria que suma esta iniciativa de dinamización lingüística.
Na sesión de apertura, que tivo lugar no IES Rafael Dieste da Coruña, centro participante da iniciativa, tamén interviñeron o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o director do dito instituto, Mateo Torres, e a profesora e creadora da iniciativa, Pilar Ponte. Paralelamente, os restantes 11 centros adscritos realizaron cadanseu acto de apertura nas súas respectivas sedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario