martes, 17 de enero de 2023

II EDICIÓN MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN CINEDUCA

Durante o vindeiro mes de marzo do presente ano o Ateneo de Santiago levará a cabo a segunda edición da Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), que constará de seis proxeccións, dúas conferencias e mesas redondas e o PREMIO ATENEO CINEDUCA, dirixido aos centros de ensino de todos os niveis educativos (primaria, secundaria, universidade, formación profesional e escolas audiovisuais), procurando impulsar a creatividade, fomentar a expresión a través dos novos medios e dar a coñecer o traballo levado a cabo neste eido por ensinantes e alumnado.

As obras para a convocatoria desta segunda edición do PREMIO ATENEO CINEDUCA, que estará aberta ata o 17 de febreiro de 2023, deberán tratar unha temática relacionada con experiencias educativas, procesos de aprendizaxe, historia e memoria da educación ou metodoloxías de ensino. Cada centro poderá presentar as pezas que desexe, enviando un enlace privado ao enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal. Os traballos seleccionados polo xurado serán proxectados o día da clausura da Mostra, onde tamén se entregarán os premios, consistentes nun primeiro premio dotado de mil euros e un accésit de cincocentos, que os centros deberán destinar a equipamento audiovisual.

Díptico II Mostra Internacional CINEDUCA by veracruces on Scribd

Bases II Premio Ateneo Cineduca by veracruces on Scribd

No hay comentarios:

Publicar un comentario