O Luns 20 marzo de 2023 contamos cunha visita moi especial. Vanesa Porto levaba anos sen pasear polos corredores do CPI Virxe da Cela. A última vez que estivo aquí, fai case dúas décadas, era unha adolescente que graduaba na ESO. Pasou o tempo, e agora é unha muller feita e dereita, que compaxina a súas labores como nai co mundo da ciencia e da investigación. Está doutorada pola universidade de Santiago, e precismante alí é onde realiza a súa vida académica e laboral, formando parte dun equipo que investiga e avanza cara ao tratamento do cancro. Vanesa deu unha charla ao alumnado de EP, transmitindo o seu entusiasmo pola aprendizaxe aos máis pequenos e tamén contando algunhas lembranzas da súa etapa como escolar no CPI Virxe da Cela. Vanesa xa ten unha placa honorífica nunha das aulas de primaria. Moitas grazas, Vanesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario