A rapazada de 2º, 3º e 4º de ESO gozou dunha xornada cultural na vila brigantina. Para comezar a mañá, asistiron á representación “A Nai”, da compañía Amorodio Teatro, un espectáculo teatral multidisciplinar que emprega ferramentas do teatro documento e da autoficción, sen perder nunca o sentido do humor. O espectáculo explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral.
Ao remate da función tiveron ocasión de realizar un roteiro guiado grazas a Elena, responsable da oficina de Turismo de Betanzos, que lles ensinou algúns dos lugares máis representativos da vila e da súa historia.
Fantástica xornada a de hoxe!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario