A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) fixo pública o pasado venres, 3 de outubro, a convocatoria do Concurso-exposición do Día das Letras Galegas 2015. O prazo de presentación dos traballos remata o día 12 de xaneiro de 2015. Animamos a todo o profesorado e alumnado do CPI Virxe da Cela a poñer en funcionamento todas as súas capacidades creativas para este certame homenaxe a Xosé Fernando Filgueira Valverde.
viernes, 10 de octubre de 2014
miércoles, 1 de octubre de 2014
PROXECTO DRAGAL
O proxecto Dragal é unha iniciativa multimedia de promoción da lectura, da creación e da investigación multidisciplinar en galego con base no libro Dragal I. A herdanza do dragón de Elena Gallego. O alumnado de 1º e 2º da ESO do CPI Virxe da Cela participará neste proxecto, que conta cunha unidade didáctica e un espazo wiki para traballar sobre o libro. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega coordinará este proxecto no que formarán parte os departamentos de Lingua Galega, Relixión, Plástica, Ciencias Sociais, Ciencias Naturais e Música.
Proxecto dragal from satelite1
lunes, 29 de septiembre de 2014
RECURSOS LINGÜÍSTICOS
Comezamos o novo curso recomendando a sección de recursos
lingüísticos da páxina Kit para a normalización en rede .
(Preme na imaxe)
“Trátase de ligazóns a recursos que che permitirán elaborar
textos de calidade e tamén difundir ferramentas útiles entre todas aquelas
persoas que desexen mellorar os seus escritos: dicionarios, vocabularios,
correctores, tradutores, modelos de documentos…
Preme na imaxe
domingo, 28 de septiembre de 2014
miércoles, 6 de agosto de 2014
jueves, 26 de junio de 2014
TELEXORNAIS TV XESTAL
Para que vexades
que non temos nada que envidiar aos
famosos presentadores das grandes
televisións, deixámosvos os informativos realizados polo alumnado de 4º ESO na materia de Lingua Galega.
miércoles, 4 de junio de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


