Encadrouse dentro do programa Atrévete, visitamos o CIFP Ferrolterra.
A visita tivo dúas partes, a primeira consistiu nunha charla na realizada polo Departamento de Orientación do Centro e que contou coa participación dun dos socios da Confederación de Empresarios de Ferrrolterra. Nesta charla explicaron a parte teórica e maila práctica, respectivamente, do que consiste ser un emprendedor/a.
Na segunda parte da visita ensinaronos, mestres e alumnos do CIFP, os talleres do centro e realizamos diversas actividades. Pasamos polos talleres de electrónica, carpintería, automoción, soldadura e robótica onde nos explicaron as diversas actividades que realizan os alumn@s no centro. Para finalizar a visita, o alumnado do grao superior de educación infantil realizou diversas actividades didácticas nas que participamos.
lunes, 13 de enero de 2020
miércoles, 25 de diciembre de 2019
CONCURSO DE CURTAS "SENDAS DOS FAROS"
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de convocar o Concurso de Curtas Senda dos Faros, coa finalidade de fomentar o uso e a imaxe positiva da lingua galega a través da posta en valor do patrimonio material e inmaterial do territorio polo que atravesa esta ruta litoral. Establécese unha única categoría destinada a alumnado de ESO, bacharelato, FP básica, ciclos formativos de grao medio e ensinanzas especiais de grao medio dos centros sostidos con fondos públicos. Ademais de seis premios para os centros gañadores, outorgarase unha certificación de Premio de Innovación Educativa a cada docente responsable dos traballos que acaden o 1.º, 2.º e 3.º galardóns.
O prazo para solicitar a participación rematará o 30 de xaneiro e a data límite de envío dos vídeos será o 30 de marzo.
Etiquetas:
concurso,
curtametraxe,
curtas,
Senda dos Faros
sábado, 21 de diciembre de 2019
CPI VIRXE DA CELA. FESTIVAL DE NADAL 2019
Hoxe , como tódolos anos celebramos o festival de Nadal. E como as veces é mellor unha imaxe que mil palabras, aquí vos deixamos as estupendas actuacións dos alumnos/as do noso cole.
Desde o CPI Plurilingüe Virxe da Cela deséxavos un Bo Nadal e unhas Felices vacacións.
martes, 17 de diciembre de 2019
IX EDICIÓN NÓS TAMÉN CREAMOS
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio Televisión de Galicia, convocan a IX edición dos premios a curtas de animación Nós tamén creamos! O concurso está dirixido a alumnado de educación infantil e de 1.º a 4.º de primaria. O prazo para presentar as solicitudes remata o día 20 de xaneiro e a data límite de envío das curtas será o 30 de abril de 2020.
Etiquetas:
animación,
curtas,
IX edición Nós tamén creamos,
Nós tamén creamos
jueves, 5 de diciembre de 2019
VI CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A Deputación da Coruña convoca o VI Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero para concienciar e sensibilizar a mocidade e a poboación en xeral sobre as violencias exercidas sobre as mulleres. Esta nova convocatoria céntrase especialmente na violencia económica e a discriminación no eido laboral.
No certame poderán participar estudantes de entre 12 e 18 anos, individualmente ou en grupo, que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga nos centros públicos da provincia da Coruña.
Os traballos non superarán as 4 páxinas e deberán presentarse por vía telemática na sede electrónica da Deputación da Coruña ata o 11 de decembro ás 14:00 h.
miércoles, 4 de diciembre de 2019
PALABRAS CON MEMORIA
PALABRAS CON MEMORIA é unha iniciativa da AELG que ten por obxecto recuperar palabras nosas en desuso, ou sexa, en perigo de extinción. E tamén palabras e expresións que non recollen os dicionarios. A persoa que visita esta sección da web, ademais de consultar o glosario mensualmente actualizado pendurado nela, poderá enriquecelo enviando os vocábulos que teña arrombados no faio da lembranza ao enderezo palabra.con.memoria@aelg.org ou enchendo este formulario. Se algunha palabra enviada non aparece na listaxe é que foi localizada nalgún dicionario.
2º CERTAME DE PODCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ
O IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte nas Ondas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e doutras entidades, convocan o 2.º Certame de Podcast Xosé Mosquera Pérez. Poderá participar alumnado de 11 a 18 anos de centros de educación primaria (6.º curso) e doutros centros de ensino non universitario de Galicia. Os poscasts tratarán algún aspecto relacionado co patrimonio literario de Galicia e Portugal e coas súas figuras relevantes. Os traballos deberán enviarse ata o 17 de maio de 2020 a certameradiofonico@iesrosaliadecastro.org. A solicitude para participar debe formalizarse antes do día 28 de febreiro de 2020.
Achegámosvos as bases na seguinte ligazón:
https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0098/certame-escolar-podcasts-galego-xose-mosquera-perez
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


