miércoles, 28 de octubre de 2020

EXPOSICIÓN HOMO SAPIENS NO MUPEGA

 

Neste momento no que se achega a conmemoración do Día da Ciencia en Galego 2020, pódevos interesar especialmente a exposición do Mupega Homo Sapiens, transmisor do coñecemento. A mostra inclúe unidades didácticas adaptadas aos distintos niveis. Pulsa a seguinte imaxe para acceder:





martes, 13 de octubre de 2020

PALABRAS QUE DAN MEDO

Iniciativa da Bibliteca Castelao para celebrar o Samaín. "Palabras que dan medo" é unha actividade que consiste en imprimir creacións sobre o Samaín e expoñelas na biblioteca. Trátase de crear unha imaxe segundo estas instrucións: Nun folio ou nunha lámina DIN A4, escribir unha palabra ou frase curta que provoque medo e acompañala cunha ilustración ao respecto. A ilustración pode ocupar toda a lámina e superpoñer o texto. Tamén pode tratarse, simplemente, de unha imaxe que acompaña ao texto. Pódese facer en sentido vertical ou horizontal. Pódese aplicar calquera tipo de técnica, tamén se pode facer enteira por ordenador. 



MOC MOC

 




Venres 9 outubro 2020





viernes, 9 de octubre de 2020

UNHA MANDA DE PEZAS PARA ISAAC



Este ano 2020 conmemórase o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo e Alento Esbravexo convoca un concurso onde cadaquén pode inspirarse en algo relacionado coa figura de Isaac Díaz Pardo (un acontecemento concreto da súa vida, un debuxo, unha pintura, unha tipografía, un cartaz, unha peza cerámica, etc.), tamén se poderá inspirar na súa escola (empresas que formou, artistas discípulos de Isaac,...) ou mesmo se pode facer algo totalmente novo, xa for reinterpretando calquera destes eidos artístico-vitais indicados e crear un debuxo, unha pintura, un tipo de letra, un deseño, grafiti, xoia, danza, música, etc. con total liberdade.

O prazo de presentación das obras remata o 13 de agosto de 2020.

Para participar deberase enviar un correo a: alentoesbravexo@gmail.com

Con todo o material recibido tentarase facer un libro, unha exposición,...(sempre dependendo da situación vírica actual).

 Preme aquí para consultar as BASES

Máis información no seguinte enlace: https://axendacultural.aelg.gal/2020/06/30/proposta-unha-manda-de-pezas-para-isaac/


miércoles, 30 de septiembre de 2020

XOGO INFANTIL TURISTEANDO COS MIÚD@S

TURISTEANDO COS MIÚD@S, é o primeiro xogo infantil interactivo para que os miúdos e miúdas descubran a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña. Un xogo realizado para o fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 co que podedes xogar en calquera momento, no colexio ou na casa.

Se queredes xogar e acceder a el, só tedes que clikar na imaxe que tedes a continuación.

 


lunes, 28 de septiembre de 2020

PREMIOS YOUTUBEIR@S

Os premios Youtubeir@s teñen como finalidade animar a creación de vídeos con temáticas e formatos diversos e sumar visibilidade á produción en galego e á comunidade youtubeira. Poden optar a estes premios todas as persoas maiores de 14 anos con vídeos autoproducidos subidos a Youtube. Pódese participar cun vídeo, con varios vídeos e/ou cunha canle. No caso de que a persoa participante sexa menor de idade, esta inscrición irá acompañada da autorización do/a pai/nai ou titor/a legal mediante o documento que se facilita no formulario de inscrición.


https://youtubeiras.gal/Bases/ 

jueves, 16 de julio de 2020

RECORDANDO A ROSALÍA

Celebramos o cabodano de Rosalía de Castro na voz do alumnado de Primaria do CPI Virxe da Cela (Monfero).