martes, 27 de junio de 2023

Hotel dos bechos: mega-construccións no patio do Virxe da Cela.

 Un recoñecido autor, Richard Louv  en su libro “ Los últimos niños en la naturaleza” destaco que na actualidade moitos menos e nenas viven privados do contacto co medio natural chegando a acuñar o termo «Trastorno por Déficit de Natureza”.

Na nosa realidade non temos esa dificultade, nin nos fogares ni na escola pois, o noso alumnado conta cos beneficios físicos e psíquicos de contar coa posibilidade de experimentar, xogar e sentir na natureza.

Así, o plasmou o noso alumnado cando neste curso escolar crearon a  Mega-construción do “Hotel dos Bechos”.

Con ela estimularon a súa imaxinación e creatividade con múltiples hábitats covas e refuxios cheos de canalizacións, pontes e fogares incorporando recursos e bechos que eles mesmos trouxeron dos seus fogares.

Aquí deixamos unha pequena mostra deste traballo colectivo que deixou moi bos ratos e unha morea de aprendizaxes: convivencia, espírito de cooperación, apego polo medio, autonomía, habilidades sociais, ... en definitiva, unha rapazada de 10!!!!!!!

CONEXIÓNS CPI VIRXE DA CELA (MONFERO) E CEIP ARDÁN (MARÍN)

Faltan poucos días para finalizar a fase II "Acolle" do Programa Observa-Acción, que nos levou a establecer relacións co CEIP Ardán (Marín). Despois das visitas efectuadas (un grupo de profesorado do CEIP Ardán ao noso centro en Monfero, e un grupo de profesorado do CPI Virxe da Cela no seu colexio en Ardán) e dun minucioso traballo reflexivo por ambas partes, somos conscientes da boa sintonía e conexión creada, e esperemos que de pé a futuras colaboracións. Son moi interesantes todas as impresións do profesorado participante, que nos levarán ademais a reformular a nosa práctica docente e a redirixir as liñas de acción dos nosos centros. Convidámosvos a que visualicedes esta presentación Genial.ly cun breve resumo. 




https://view.genial.ly/64955581d2e90c00134ddd10

GENIAL.LY MONFERO-ARDÁN by veracruces on Scribd

Videotitorial Abejitas Zum Zum

Velaquí presentámosvos o noso primeiro videotitorial! O traballo do Clube de xogos de mesa ve a luz xunto co alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria, quen amósannos a xogar ao Abejitas Zum Zum. Un xogo para toda a familia e moi divertido. Agardamos que vos guste.


 

miércoles, 14 de junio de 2023

HORTA BEGO

E para finalizar os nosos proxectos de radio;  4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitamos os invernadoiros e hortas de “Hortabego”, empresa que pertence á familia do noso compañeiro Martín. Grazas a eles aprendimos un pouco máis sobre comercio local, cultivo sostible e alimentación saudable. Puidemos así ver culminada a nosa investigación e tamén realizar unhas preguntas a Begoña  para Radio Xesteira.







martes, 13 de junio de 2023

VISITA A SOTAVENTO.

 O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela visitou hoxe as instalacións do Parque Eólico Sotavento, no concello de Xermade.












I CERTAME INFANTIL DA ILUSTRACIÓN NO CONCELLO DE CURTIS

 A Asociación de Promoción e Celebración de Feiras do Concello de Curtis vén de comunicar a realización do I Certame Infantil da Ilustración do Concello de Curtis, un concurso que se enmarca nas diferentes actividades programadas para a VII edición de "Curtis na lembranza - As feiras de 1900" que este ano está adicado á artista curtiense María Antonia Dans. Este certame, no que colabora o Concello de Curtis, vai dirixido a mozos de entre 6 e 16 anos de calquera procedencia e co que se pretende achegar a figura da artista aos máis xóvenes. Os interesados en participar deberán entregar antes do 7 de xullo unha reproducción dunha das obras de Mª Antonia Dans. Outorgarase un total de 500 euros en premio e lotes de materiais para artistas. Os traballos expoñeranse durante os días 29 e 30 de xullo durante a celebración de “Curtis na lembranza, as feiras do 1900…” e os traballos premiados pasan a ser propiedade da Casa Museo de María Antonia Dans. O veredicto do xurado e a entrega de premios terá lugar o domingo 30 de xullo (a hora publicarase no programa da feira de 1900)




Bases Certame Ilustración María Antonia Dans Copy by veracruces on Scribd

viernes, 9 de junio de 2023

RADIO XESTEIRA NOVOS EPISODIOS

Desde o EDLG queremos compartir con toda a comunidade educativa algún dos produtos radiofónicos realizados durante este curso grazas ao Laboratorio Radiofónico. 

 

Programa especial NON AOS EÓLICOS por 3º de Primaria. Sabedes que significa a palabra eólico? Esa palabra refírese a Aeolos. Eolo na mitoloxía greco–romana era o deus dos ventos. Ahhh! Entón xa sabemos que eólico está relacionado co vento. Hoxe imos falar en Radio Xesteira de todo aquilo que necesita a forza do vento para funcionar, como os barcos de vela, os cataventos, anemómetros... Porén, ímonos centrar nos muíños de vento, que aportan enerxía eólica. A enerxía eólica xérase coa forza do vento que é capaz de mover as aspas dos aereoxeneradores. Esa electricidade viaxa rapidísimo por uns camiños que chamamos redes eléctricas e chega a millóns de fogares. E agora ben, como imos afondar neste tema en canto a como se fai, que beneficio aporta, que prexuízos ou inconvenientes; queremos darlle a benvida a Vanesa Castro da Plataforma Veciñal Monfero Di Non aos Macroeólicos, que nos vai axudar a resolver estas dúbidas. 

   

  Programa Especial Pais, Nais, Avós...XOGADE MÁIS CON NÓS! por 4º de Primaria. Os nosos pais xogan o suficiente con nós? O alumnado do colexio CPI Virxe da Cela... Imos investigar este tema que realmente nos preocupa... TODOS – A nosa investigación, hoxe, en Radio Xesteira! Para falar deste tema, hoxe en Radio Xesteira, Laura Couce. Participa na nosa enquisa dando a túa opinión a esta pregunta: Cres que os pais/nais xogan cos seus fillos?


   
  Programa especial As clases frías por 6º de Primaria con Florin. Sabedes a quen vin?vA quen? A Florin. E quen e Florin? O NOSO ANTIGO CONSERXE! Que vos parece se lle facemos algunhas preguntas? SIII!! A ver que nos conta. Benvido a Radio Xesteira, Florin.


   
  Programa especial Clases Frías con Marcos por 6º de Primaria. Eu vou xunto o radiador, que teño moito frío. Eh! Non marches, que imos entrevistar a Marcos. Si! Marcos é fontaneiro e chamámolo desde Radio Xesteira para que despexe as nosas dúbidas sobre o sistema de calefacción que hai implantado no noso colexio. 


 


As historias de paxaros. O alumnado de 2º de Primaria sacou moito partido imaxinativo a tódolos paxaros que aprendeu ao longo do curso. Para mostra, unhas cantas historias na que as aves son protagonistas. Escoitade, escoitade.