jueves, 13 de marzo de 2025

Obradoiro con Laboratorio de radio (Radio na Biblio)

Radio na biblio é un programa impulsado por Bibliotecas Escolares que incide na alfabetización mediática e computacional do alumnado con propostas que promovan o coñecemento e un uso responsable da información en múltiples formatos.

Nesta ocasión contamos cun obradoiro de formación para o alumnado de 1º de ESO e 5º de EP a cargo de Sergio, un dos responsables da empresa Laboratorio de radio, que xa coñece este centro por proxectos anteriores co noso alumnado.

Sergio lembrounos a importancia de saber escoitar na radio (e na vida) e, sobre todo, da escoita activa para acadar unha mellor comunicación. Durante a sesión realizamos varias dinámicas que deron como resultado dous relatos curtos realizados coa técnica creativa do “cadáver exquisito” que gravamos na radio.

Aprendemos e divertímonos!

Unha imaxe na que se mostra roupa, computador, calzado, moblaxe

O contido que xera a IA pode ser incorrecto.

 

Día Internacional das Matemáticas

Para conmemorar o Día Internacional das matemáticas, tamén coñecido como o Día de Pi, sumámonos ao reto proposto dende o CFR de Ferrol para tratar de liberarnos sen soltar as cordas! Pasamos un moi bo rato e, sendo sinceros, a desesperación levounos a tratar de buscar unha solución en Google.

                                                                        Imaxes do reto Día do Pi.




jueves, 6 de marzo de 2025

Soberanía Alimentaria: que é? Programa para unha transició ecolóxica xusta

 Con esta actividade quixemos dar a coñecer a agricultura e gandaría social, sostible e de proximidade, que garanta unha alimentación segura, nutritiva, sa, e de calidade; baseada en métodos responsables de produción que promovan a protección ambiental e o benestar animal e que ademais, fomenten a conservación dos recursos naturais. Un proceso que garante a calidade de vida dos pequenos e medianos produtores para preservar un medio rural social, ambiental e economicamente viable.

A mesma, consta de dúas partes:

1ª Actividade no centro educativo sobre a soberanía alimentaria onde se expón de maneira sinxela e amena o concepto de soberanía alimentaria, os principais problemas ambientais polos nosos hábitos de alimentación e consumo actuais, a importancia dunha agricultura e gandeira ecolóxicas e sostibles, e a forma que temos entre todos de mudar os nosos hábitos diarios de consumo para axudar a mitigar este problema.


2ª Visita guiada a un produtor asociado á Marca de Calidade da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ou dos Grupos de Desenvolvemento Rural da provincia da Coruña, neste caso a  Asociación Raíña Paraíso (Vilasantar).





Desta forma, vimos como a realidade do rural de hoxe en día e posible se somos quen de aproveitar as nosas potencialidades formando parte dunha sociedade crítica e responsable cun futuro sostible.

domingo, 2 de marzo de 2025

Celebramos o Día de Rosalía por todo o alto!

Tres días de visitas e acompañamentos entre maiores e pequenas dende Educación Infantil ata a ESO, así foi a homenaxe da CPI Virxe da Cela á nosa poeta máis coñecida. Tendo como referente o libro "O herbario de Rosalía" sumerxímonos no mundo das plantas dende diferentes propostas artísticas e co telón de fondo dos seus poemas nas voces do alumnado. Grazas a todo a comunidade educativa que participou dalgunha maneira para que todo isto fora posible dende as familias coas súas aprotacións, ata os que revisaron os horarios para que todo o alumnado puidera participar, os que axudaron a recomplilar o material, a limpar e a preparar todo para que a biblioteca se convertira nun lugar de experimentación. Sena colaboraciónde todos e todas non sería posible. Aquí deixamos unha presentación co resumo das actividades. 

Exposición de libros de Rosalía

O herbario de Rosalía (vídeo ESO) de Rocio