miércoles, 16 de junio de 2010

GRUPO ESCOLAR DE MÚSICA TRADICIONAL




O Martes 15 de Xuño fixemos entrega dun diploma acreditativo aos integrantes do Grupo Escolar de Música Tradicional. Este grupo creouse o pasado curso académico 2008-2009, e na actualidade está formado por 30 persoas: 7 alumnos/as de E.S.O. e 22 alumnos/as de Educación Primaria. Durante todo este curso fixeron ensaios todos os venres, de 14:15 a 15:45 horas (recreo de despois de xantar), aprendendo a tocar a pandeireta e rescatando o folclore musical galeo. Vémonos o próximo mes de Setembro, e esperamos que mostredes as vosas habilidades e a vosa arte en romarías e foliadas durante o verán!




GRUPO DE TEATRO ESCOLAR




O Grupo de Teatro Escolar do C.P.I. Virxe da Cela comezou a funcionar o pasado curso académico 2008-2009. No presente curso conforman este grupo 6 persoas de 2º da E.S.O. Nos recreos dos mércores fan xuntanzas na Biblioteca Escolar para preparar pequenas obras de teatro e facer lecturas dramatizadas de textos. Este mércores dimos por finalizada esta actividade, e as integrantes do grupo recibiron un diploma acreditativo pola súa participación. Vémonos o próximo curso!

martes, 1 de junio de 2010

CELEBRACIÓN DOS MAIOS










Xoves 27 de Maio. O alumnado de 2º da E.S.O. e de 3º da E.S.O. tiveron a oportunidade de compartir cos nenos e nenas de infantil un repertorio de danzas e cancións típicas dos maios.

miércoles, 26 de mayo de 2010

II CONCURSO PEGADAS DE RELATOS


















O vindeiro venres 28 de maio de 2010 ás oito da tarde, na Biblioteca Municipal de Pontedeume, farase a entrega dos premios do II Concurso Pegadas de Relatos. Un alumno de 1º de E.S.O. no noso centro, Antonio González, resultou premiado. Asimesmo, as alumnas Anais Buyo de 2º de E.S.O. e Noelia Deibe, de 4º de E.S.O. resultaron gañadoras no sorteo de agasallos do devandito concurso. Noraboa a todos eles.


CONTACONTOS MARIO TOMÁS










A través do Consorcio Editorial, os nenos de Educación Infantil e Educación Primaria tiveron a oportunidade de disfrutar das fantásticas historias narradas por Mario Tomás. A actuación tivo lugar na biblioteca escolar na tarde do luns 24 de Maio, en dúas quendas. Os nenos e nenas deixaron voar a súa imaxinación nesta actividade na que se mesturaba a narración, a música, os monicreques...

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS













O noso centro conmemorou esta data tan especial realizando varias actividades durante a semana do 10 ao 14 de Maio:

1.- Visita á exposición sobre Uxío Novoneyra, nos corredores do edificio de Primaria e de Secundaria. Os cartaces desta exposición son os traballos que resultaron gañadores no concurso-exposición das letras galegas, promovido pola SXPL.

2.- En Educación Infantil e Educación Primaria traballo nas tutorías sobre a figura de Uxío Novoneyra, utilizando os materiais on-line: http://www.seminariogalan.org/ e
http://www.coordinadoraendl.org/letras2010/uxio.php. O Venres 24 de Maio efectuouse unha gravación en video con recitado de poesías e comentarios sobre Uxío Novoneyra.

3.- En Educación Infantil e Educación Primaria realización de debuxos para ilustrar os poemas de Uxío Novoneyra.

VISITA Á CAPELA

Os nenos e nenas do 2º ciclo de Educación Primaria visitaron o Venres 7 de maio o Centro de Interpretación de Xogos Populares e Tradicionais situado no Ceip Mosteiro de Caaveiro – A Capela. Foi unha xornada moi entretida e divertida. O circuito de xogos foi o seguinte:


A goma

A porca


Os zancos


O muíño


Os pelouros


Os aros