martes, 28 de junio de 2016

XOGOS POPULARES

Deixamos neste espazo un simpático traballo elaborado polo alumnado de educación infantil do CPI Virxe da Cela, baseado nos xogos tradicionais e populares. Para realizar esta investigación os nenos e nenas contaron coa colaboración dos seus familiares e veciños.

 

jueves, 23 de junio de 2016

PREMIO AO CPI VIRXE DA CELA "APRENDE PROGRAMANDO"

Parabéns ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria do CPI Virxe da Cela e ao seu profesor de Scratch Jon Penas polo seu reciente premio de programación. Presentaron un interesantísimo proxecto sobre o Camiño de Santiago na convocatoria do concurso "Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch" organizado pola Axenda para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) dentro do programa Aprendo Programando do Plan Proxecta.








QUÉDATE NO RURAL

Traballo elaborado polo alumnado de 3º da ESO, para revalorizar o rural.É unha especie de decálogo recollendo certos aspectos que caracterizan tanto ao rural como ás personas que nel habitan. Cremos que valorar o que temos é o primeiro paso para protexelo e garantilo para as futuras xeracións.

FLORA E FAUNA DAS FRAGAS DO EUME

Traballo realizado polo alumnado de 1º de educación primaria.

ROMARÍAS DA CELA E DE SAN COSME

Traballo elaborado polo alumnado de 2º de educación primaria

ARQUITECTURA POPULAR

Moitas veces o que temos máis preto é o máis descoñecido. É primordial non perder as nosas tradicións ancestrais. As nosas festas, usos, costumes… forman parte da nosa vida. Por isto os nenos e nenas de 2º estiveron a traballar: o hórreo, o carro, o arado, a lareira e o cruceiro. Describiron que son, para que serven, debuxáronos escribindo os nomes das súas partes, recolleron fotografías da zona (Monfero e Irixoa) e ditos ou refráns relacionados cos mesmos. Seguirán, en breves, con: As romarías e festas; nosa gastronomía; os refráns, ditos e expresións, etc. Este traballo está emarcado dentro do proxecto "Móvete" (Plan Proxecta)

miércoles, 22 de junio de 2016

"A ALDEA DA MIÑA INFANCIA", PEPE DOPICO





     

Pepe Dopico, antigo mestre do CPI Virxe da Cela, visitou o centro o mércores 22 de xuño para presentar o seu libro “A aldea da miña infancia”, obra recentemente publicada a través do Concello de Paderne e a Deputación da Coruña. 
      Se ben o obxectivo inicial da charla era falar desta obra que relata a súa infancia nunha pequena aldea do rural galego alá polas décadas do 30 e 40 do pasado século, Pepe quixo transmitir a todo o público alí presente, principalmente mozos e mozas de educación secundaria, a importancia de achegarse aos nosos maiores para empaparse dos seus coñecementos e experiencias na vida, e valorar a estes “transmisores” do noso patrimonio inmaterial. 
     Ademais de abordar a súa faceta de escritor, Pepe Dopico narrou numerosas anécdotas acontecidas na súa etapa dedicada á docencia, así como a súa experiencia percorrendo en varias ocasións o Camiño de Santiago, como xornalista no periódico comarcal ou as súas incursións no mundo da televisión a través de varios spots publicitarios. Tamén deixou constancia da súa enorme paixón pola poesía recitando cunha espectacular memoria á nosa grande poetisa por excelencia, Rosalía de Castro. 
    Quedámonos coa mensaxe final deste home de 82 anos que destaca pola súa vitalidade e positivismo: debemos, ante todo, tratar de ser felices, e aproveitar todas “as cousas boas da vida”.