A experiencia de programar con Scratch no CPI Virxe DA Cela Monfero no Espazo Abalar!!!
Podedes acceder premendo na seguinte imaxe:
martes, 25 de abril de 2017
miércoles, 19 de abril de 2017
CHARLA DE XURXO MARIÑO
sábado, 1 de abril de 2017
A VAQUIÑA POLO QUE VALE
Logo gañador, autora: Alba Rodríguez Purriños
Toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela participa no mesmo dun xeito ou doutro. Este proxecto xurde da colaboración ca Universidade da Coruña e as ongs Solidariedade Internacional e Cooperación Galega co obxectivo de analizar como introducir o paradigma da Dimensión Global da Educación para o Desenvolvemento de xeito transversal nas nosas materias e asignaturas.
Desde a asignatura de Educación Plástica estivemos traballando como darlle visivilidade ao proxecto e levamos a cabo dúas propostas a primeira foi o deseño dun logotipo para o proxecto e a segunda foi un traballo de creatividade partindo da mesma silueta dunha vaca, cada alumno do noso centro desde Infantil a 4º de ESO fixo a súa proposta.
Nos seguintes vídeos podedes ver os traballos presentados:
CONCURSO DE LOGOTIPOS
DESFILE DE VACAS
lunes, 20 de marzo de 2017
"A vaquiña polo que vale: Helicicultura e lumbricultura.
"O día 15 de marzo, Mª Teresa López Rodríguez, da USC
ensinou aos nosos alumnos e alumnas da ESO
outras alternativas de produción que nos ofrece o agro galego: helicicultura e
lumbricultura.
Aprendemos entre outras cousas, que a helicicultura é a cría en cautiverio,
con fins comerciais, de caracois terrestres comestibles. E a lumbricultura unha
técnica que utiliza a unha especie de miñoca como ferramenta de traballo
encargada de reciclar material de orixe orgánico".
domingo, 26 de febrero de 2017
ENTROIDO NO CPI VIRXE DA CELA
O Entroido invade a nosa escola
como unha ráfaga de cor, alegría, humor, gargalladas, música e baile. A
diversión está garantida, e moito máis nesta ocasión na que a creatividade e o inxenio
inundou a temática deste ano, “A vaquiña
polo que vale”, que foi o fío condutor do espectáculo.
O escenario deu cabida á
exhibición dos talentos dos rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela, desde os
máis pequenos ata os xa veteranos, que levantaron paixóns entre os pequerrechos co desfile dos personaxes de Bop Esponja. Despois do reparto de
premios chegou o momento de degustar un chocolate quentiño acompañado de
rosquillas, churros e orellas.
Aquí vos deixamos os vídeos da
xornada. Disfrutade do Entroido!!!!
jueves, 23 de febrero de 2017
DÍA DE ROSALÍA NO VIRXE DA CELA
No noso centro quixémonos unir, un ano máis á
celebración do nacemento de Rosalía, protagonista activa do Rexurdimento da
nosa literatura. Entre as actividades que realizamos está a proposta da
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG, ) a través da cal
alumnos/as e profes quixemos conmemorar o Día de Rosalía de Castro realizando
un Mannequin Challenge baixo o lema #RosalíaTe.
Tamén os nenos e nenas de infantil puxéronlle cor a Rosalía compartindo locuras e soños.
E como dicía Rosalia… “vaia se os paxaros falan...”tanto que ata casaron aos nosos paxariños e lles construiron uns niños no Virxe da Cela de Monfero. Maneiras e maneiras de celebrar a #Candelaria e #RosalíaTe.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


