De cheo na segunda fase, empezamos cunha formación conxunta entre os centros participantes. Momento para presentacións e de concretar obxectivos. Compartiremos experiencias co CEIP de Ardán (Marín). Quedan por diante un par de semanas para investigar e buscar información sobre as liñas de actuación e as características deste centro, así como para iniciar as primeiras comunicacións co profesorado implicado, todo para ir preparando un marco de acción conxunto que nos leve a planificar as visitas aos respectivos centros.
Imaxe: captura de pantalla da páxina web do CEIP de Ardán.miércoles, 3 de mayo de 2023
OBSERVA-ACCIÓN 2ª FASE "ACOLLE". CEIP ARDÁN (MARÍN)
martes, 2 de mayo de 2023
OBSERVA-ACCIÓN: ESTAMOS DE NORABOA!!!!
AXENDA CULTURAL DE BETANZOS. MAIO 2023
Axenda Cultural de Maio 2023 1 by veracruces on Scribd
viernes, 28 de abril de 2023
XXXVI CERTAME DE POESÍA MARÍA SOLIÑO
Compartimos inforamción sobre o XXXVI Certame de Poesía María Soliño
Cartel by veracruces on Scribd
Certame de Poesía by veracruces on Scribd
jueves, 27 de abril de 2023
DÍA DAS RAPAZAS NAS TIC
O CPI Virxe da Cela únese na celebración do Día das Rapazas nas TIC (Girls in ICT Day), o xoves 27 de abril de 2023, participando na iniciativa lanzada polo Centro de Supercomputación de Galicia, a Secretaría Xeral de Igualdade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. O Día das Rapazas nas TIC é unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que vexan as posibilidades e atractivo do ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. De 11:00 a 12:30 o alumnado de 3º da ESO asistiu a un coloquio virtual dende centros educativos por multiconferencia con 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poido coñecer o seu día a día, e preguntarlles calquera dúbida sobre este eido profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido. Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional.
Rapazas Na TIC by veracruces on Scribd
martes, 25 de abril de 2023
Día do Libro: Contacontos na etapa de Infantil
Durante a semana pasada, na etapa de Educación Infantil, estivemos traballando na semana do libro: fixemos marcapáxinas, usamos as técnicas de Gionari Rodari, recomendacións dos contos que máis nos gustan, retratos con contos, debuxos con personaxes coñecidos...e rematamos coa mellor das actividades, un contacontos.
A mestra Alba visitou o noso colexio para contar un conto moi divertido " Esta é a miña flor".
Un conto interactivo onde puidemos coñecer un esquío moi divertido que presenta os cambios da nosa contorna cando chega a primavera.
Plantamos sementes, cantamos cancións a animaliños do bosque, coñecemos fadas fermosas...e ata fixemos maxia.
Vivimos en primeira man a maxia dos contos. Nestas fotos podedes ver algúns dos momentos da sesión.
Ata outra Alba, dispostos a escoitar de novo contos cando queiras.
VI CONCURSO DE HUMOR GRÁFICO "DIEGO PEÑA CARRO"
VI Concurso de Humor Gráfico "Diego Peña Carro", organizado polo CPR Plurilingüe Escravas do Sagrado Corazón de Xesús que vai dirixido a alumnado desde 5º de primaria ata 4º da ESO. A entrega dos traballos será ata o 8 de maio. Tedes máis datos en: https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/equipos-dinamizacion/contido_2050/concurso-humor-grafico-diego-pena-carro.
VI Concurso Diego Carro by veracruces on Scribd







.jpg)

