lunes, 22 de junio de 2009

XORNADAS DE XOGOS POPULARES

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS.
Luns 22 de Xuño de 2009.


EQUILIBRAMOS UN GLOBO
Grupo: infantil 3-4 anos. Infantil 4-5 anos.
Descrición: Por parellas. Cada parella deberá desprazarse polo espacio indicado (o traxecto marcarémolo con conos) suxeitando o globo coas frontes de ambos sen que caia ao chan. A primeira parella que realice o traxecto sen que caia ou estoupe o globo será a gañadora. O xogo dará comezo despois de escoitar unha sinal (pandeiro).
Material: 1 globo por cada parella. 1 pandeiro

O OVO ESCACHADO
Grupo: 1º de Primaria.
Descrición: Individualmente cada neno/a terá unha culler e unha pelota de pinpon que fará de ovo. O xogo consiste en que cada neno/a deberá percorrer o traxecto indicado ( serve o mesmo recorrido que para infantil) co ovo colocado enriba da culler. O xogo comeza despois de escoitar unha sinal (pandeiro).O neno/a que faga antes o percorrido sen que lle caia o ovo ao chan será o gañador/a. Se o ovo cae ao longo do traxecto deberán volver a empezar.
Material: 1 culler e unha pelota de pinpon por cada neno/a. 1 pandeiro.

CARREIRA DE SACOS
Grupo: 2º Primaria
Descrición: O grupo clase distribuído en dúas filas. O primeiro de cada fila terá un saco e meterase nel para recorrer unha distancia (serve o mesmo recorrido que para infantil e 1º curso), despois de escoitar unha sinal (pandeiro). O percorrido será de ida e volta. Cando rematen os primeiros chegarán e daranlle o relevo aos segundos e así sucesivamente. A fila que remate antes será a gañadora.
Material: 2 sacos. 1 pandeiro.

AS CADEIRAS MUSICAIS
Grupo: 3º Primaria.
Descrición: Todo o grupo clase colocado arredor dos aros (colocaranse tantos aros como nenos/as haxa nese grupo menos 1 Exemplo: se hai 15 nenos/as colocaranse 14) deberán bailar arredor deles ao son da música mentres soe, cando a música pare todos/as deberán meterse dentro dun aro. O neno/a que quede sen aro quedará fóra de xogo. A continuación quitaremos outro aro e así sucesivamente ata que queden dous nenos/as en un só aro. O xogador/a que finalmente se quede dentro do último aro será o/a gañador/a.
Material: 14 aros. Radio CD e música.
CARREIRA DE ZANCOS
Grupo: 4º Primaria.
Descrición: Cada neno/a con dous zancos deberán percorrer o traxecto indicado (con conos) mantendo o equilibrio neles e sen caerse. Aquel/a xogador/a que se caia dos zancos deberá regresar á liña de comezo. O primeiro/a xogador/a que realice o traxecto e chegue a liña de meta será o gañador/a. Nota: como non hai zancos para poder facer o percorrido todos xuntos dividiremos o grupo clase en dous grupos de máis ou menos os mesmo nº de compoñentes.
Material: 2 zancos por xogador/a

ZORREGADA CO CINTO
Grupo: 5º Primaria.
Descrición: Todo o grupo-clase sentados formando un círculo, agás un/ha que dará voltas ao seu redor, levando un cinto (xornal dobrado) na súa man. Cando queira deixarao detrás de alguén e correrá para dar 3 voltas completas e sentarse no sitio que quedou libre, procurando non levar golpes co “cinto”. Unha vez que se empeza a correr nunha dirección non se pode variar. Nota: aquel/a que sexa golpeado co cinto antes de rematar as tres voltas completas quedará fóra de xogo.
Material: Un xornal dobrado.

O BAILE DA VASOIRA
Grupo: 6º Primaria.
Descrición: Todo o grupo-clase distribuído por todo o espazo bailarán ao son da música e ao mesmo tempo pasaranse unha vasoira duns a outros mentres soe a música. Cando pare a música o que teña a vasoira na man quedará fóra de xogo. A vasoira pasarase a todos/as. Non vale estar todos/as xuntos senón distribuídos por todo o espazo bailando. O encargado de poñer a música terá os ollos vendados, contará ata vinte e deterá a música e así sucesivamente ata que só quede un xogador/a sen a vasoira. Este/a será o/a gañador.
Material: 1 vasoira.



Esperamos que o pasarades ben
e desexarvos unha boas vacacións de verán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario