CORRELINGUA é a denominación que adoptaron de maneira común a partir de 2001 as diversas carreiras en prol do idioma que se convocaron no país. É unha proposta de carácter lúdico, educativo, e reivindicativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito de medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
O Correlingua, xa na súa décima edición, alcanzou ao longo destes anos unha alta participación dos centros de ensino e do alumnado, así como o apoio de persoeiros e organizacións de todo tipo.O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica galega, A Confederación Intersindical Galega – Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística, os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, coa colaboración dos concellos de Ourense e A Coruña, e as Deputacións Provinciais de Lugo e A Coruña
No hay comentarios:
Publicar un comentario