viernes, 11 de febrero de 2011

VERBAS DESDE O CORAZÓN


"Verbas desde o corazón" é unha iniciativa dun grupo de alumnas de 3º da E.S.O. do C.P.I. Virxe da Cela para celebrar o día de San Valentín. O E.D.L.G., en estreita colaboración co proxecto Monferosolidario, quixemos dar outra dimensión a esta data, ampliando as fronteiras para construír un concepto máis universal do amor. Co lema "Regala amor... e recibirás moito a cambio" trataremos de transmitir a toda a nosa comunidade educativa a importancia do amor máis puro, desinteresado, altruísta... dirixido non soamente ás nosas parellas, senón aos amigos e amigas, compañeiros e compañeiras, familias, prantas, animais e outros seres vivos que conviven no noso planeta.

Esta iniciativa está formada por diferentes actividades: concurso de declaración de amor, venta de flores, corazóns e outros pequenos obxectos elaborados polo propio alumnado, visita ás aulas promocionando o lema "Regala amor... e recibiriás moito a cambio" a través do reparto de pegatinas e carteis que ilustren o mesmo, etc.

BASES PARA O CONCURSO DE DECLARACIÓNS DE AMOR "VERBAS DESDE O CORAZÓN"

1.- Poderá participar o alumnado da E.S.O. en dous grandes modalidades, a escrita e a oral. Poden ser propostas individuais o en grupo. Un xurado premiará as mellores propostas, tendo en conta a creatividade, a calidade estética e artística, e a riqueza da mensaxe.
2.- Modalidade escrita: co obxectivo de fomentar o uso das novas tecnoloxías, os traballos presentaranse a modo de "comentarios" nesta propia entrada do blog Xesteira. Poderán ser declaracións, poemas, disertacións, reflexións, pequenas narracións, etc... que versen sobre un amplo concepto do "amor"
3.- Modalidade oral: co obxectivo de fomentar o uso das novas tecnoloxías, os traballos presentaranse en formato audiovisual. Os participantes inscritos nesta modalidade marcarán un día co E.D.L.G. para efectuar as gravacións en video, que consistirán en expoñer a mensaxe amorosa oralmente diante dunha cámara. Admitiranse poemas, reflexións, monólogos, dramatizacións, e outras formas de manifestacións orais.

1 comentario:

  1. os alumnos de primeiro traballamos a microtoponimia recollemos nomes de lugares etc despois rellenamos unha ficha logoimolo espoñer no centro

    ResponderEliminar