Achegándonos a final de curso apuramos o traballo tratando de acadar unha edición da revista Xesteira en papel. Imos recollendo imaxes, textos e noticias que formarán parte dunha especie de anuario escolar, para recordar eventos deste curso. Tamén dará cabida ás colaboracións de xente vinculada á nosa escola. Entre eles, antigos mestres, como Pepe Dopico, quen a pesar de levar varios anos xubilado, non perdeu o contacto con esta escola tan querida para el. Aquí tendes un adianto, con algunhas curiosidades sobre entrañables persoas que viven en viviron no Val Xestoso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario