viernes, 25 de febrero de 2022

CELEBRACIÓN DO ANTROIDO NO CPI VIRXE DA CELA

O alumnado de EI e EP, acompañado polos seus mestres/as, celebraron o Festival de Antroido o pasado venres 25 de febreiro 2022, de 12:00 a 13:00 da mañá. Este ano a temática elixida foi o mundo dos contos, de aí que cada clase veu disfrazada de contos e historias tan famosas como Vaiana, a Sirenita, Buscando a Nemo, Daniela Pirata, etc. Cada grupo, empezando polos máis pequenos, saiu ao escenario realizando a súa propia actuación, na que se conxugaron coreografías, obras de teatro e representacións. Non faltou un guiño á actualidade coa propia adaptación da famosa canción "Terra" das Tanxugueiras a través da interpretación de "A Terra do Xestal: queixas do Entroido". O broche final correu a cabo dun animado grupo de mestras que realizaron un chamativo espectáculo de baile rozando o profesional, con canón de fume incluído! Despois da deliberación, o xurado, formado por nais colaboradoras do comedor escolar, repartiu os premios. E de postre, xa no comedor escolar, degustamos os deliciosos doces de Antroido. 

Premios Antroido 2022;

  • Educación Infantil: Premio ao conto con mellores personaxes
  • 1º EP: Premio ao conto máis creativo
  • 2º EP: Premio ao conto máis realista
  • 3º EP: Premio ao conto mellor versionado
  • 4º EP: Premio ao conto máis divertido
  • 5º EP: Premio ao conto máis reivindicativo
  • 6º EP: Premio ao conto máis orixinal


 











No hay comentarios:

Publicar un comentario