
Varias das propostas audiovisuais de Xesteira Films (Produtora do EDLG do CPI Virxe da Cela)participarán no certame OLLOBOI. Podedes visitar a páxina que contén os traballos que foron pasando o proceso de preselección, entre elas "Os trece anos de Branca", "Os dereitos humanos" ou "A taberna de Antonio", protagonizados polo alumnado do noso centro.
OLLOBOIO grupo Rodaxe (GT Obradoiro Audiovisual) convoca o III Concurso Audiovisual Galego “OlloBoi” que se rexerá polas seguintes
BASES A modalidade de participación é a video-edición, xa sexa en formato documental ou en curtametraxe (de duración non superior aos 20 minutos).
O produto final deberá aloxarse nun servidor web, como por exemplo Vimeo, Youtube, DailyMotion, etc.
A temática e lingua dos traballos será libre, aínda que se valorará o uso ou referencia ao idioma galego.
Aceptaranse traballos realizados nos últimos 3 anos que non se presentaran en edición anteriores do concurso.
Poderase participar individualmente ou en grupo, con ou sen tutela do profesorado. O xurado terá en conta que a autoría do traballo sexa non profesional.
Os alumnos menores de idade que participen deberán contar co consentimento paterno para seren gravados ou fotografados, así como para a promoción do traballo realizado.
A entidade organizadora poderá divulgar os traballos presentados nas súas páxinas na rede.
PARTICIPACIÓN: Vías e prazos
Os traballos deberán pendurarse nun portal web antes do 10 de xuño, incluído, indicando no formulario de inscrición (aínda non dispoñible) a dirección (URL) onde están albergados.
TRIBUNAIS e PREMIOS Os traballos de todos os participantes estarán enlazados dende o día 10 de xuño no sitio web http://rodaxe.info dende onde se poderá acceder a un formulario para votar online. A votación conlevará a participación no sorteo dun lote de camisetas.
Establécense as seguintes categorías con cadanseu tribunal e premio:
1º Premio Rodaxe (300 €) ao mellor traballo, concedido polo grupo Rodaxe Obradoiro Audiovisual.
2º Premio Rodaxe (100 €) ao segundo mellor traballo, concedido tamén polo grupo Rodaxe.
Premio Impinxidela (100 €) ao mellor traballo en lingua galega, concedido por Impinxidela, EDNL do IES Leliadoura de Ribeira.
Premio especial OlloBoi do público (100 €) de acordo cos votos recollidos online e en papeletas nas proxeccións previas á gala de entrega de premios.
Non se descarta a inclusión de novas categorías de premios en función dos posibles patrocinios conseguidos.
A organización resérvase o dereito a declarar deserta unha ou as dúas categorías.
A data e lugar de entrega de premios confirmaranse no mes de maio, na páxina http://rodaxe.info