viernes, 29 de octubre de 2021
CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DO SAMAÍN
miércoles, 27 de octubre de 2021
TÍRALLE DA LINGUA 2021
Queda convocado o XX Concurso de relato oral Tíralle da lingua.
Podedes ver e oír os vídeos e audios dos centros participantes o ano pasado nesta ligazón: Tíralle da lingua 2020
BASES DO CONCURSO
lunes, 25 de octubre de 2021
O UNIVERSO
lunes, 18 de octubre de 2021
OS INSTRUMENTOS DO PÓRTICO DA GLORIA
O alumnado de música de 4º da ESO impartiu un interesante obradoiro sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria ao alumnado de educación primaria (luns 18 outubro 2021). Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto de O Xogo da Oca do Camiño Inglés, no que participará a nosa escola xunto con outros centros escolares da comarca de Ferrolterra. Durante varias sesións o alumnado que cursa a materia optativa de Música en 4º da ESO realizou unha investigación sobre os instrumentos musicais do Pórtico da Gloria e partindo de debuxos e planos tratou de darlle forma a eses instrumentos, utilizando cartón, madeira, corda, etc.
Durante algunhas clases de música estivemos deseñando un obradoiro de instrumentos musicais o cal despois realizamos xunto co alumnado de primaria. Antes disto a nosa profesora Veronica explicounos que era o Pórtico da Gloria, que instrumentos aparecían representados, etc… Cando xa repartimos o traballo entre os alumnos/as que cursamos a materia de música en 4º da ESO (quen iba falar sobre cada instrumento, quen iba a presentar...) comenzamos a escribir nun papel en sucio as características de cada instrumento e fixemos un debuxo. Despois disto fixemos unhas maquetas dos instrumentos en cartón. Na última clase antes de realizar o obradoiro estivemos practicando a exposición de cada un dos instrumentos como si fora o obradoiro, para despois estar mais seguros ao expoñer. O día da exposición fixemos o obradoiro en dous grupos: primeiro 1º, 2º e 3º de primaria e despois 4º, 5º e 6º de primaria. O primeiro obradoiro creo que nos saliu algo peor que o segundo... no segundo xa tiñamos máis práctica do anterior. Os alumnos/a ao principio case non querían saír de voluntarios a tocar os instrumentos, pero despois querían saír todos!! Adrián Caamaño, 4º ESO.
Esta tarefa que realizamos na asignatura de música foi unha actividade que consistiu na explicacion dos instrumentos do Pórtico da Gloria e mais o que é o Pórrtico da Gloria. Para esto utilizamos un par de clases e mais algo de tempo na casa (para elaborar uns intrumentos parecidos os orixinais pero de cartón e cordas). Cando empezamos a explicarlles aos nenos estabamos algo nerviosos pero despoi,s co paso do tempo, xa non estabamos tanto. Os 7 instrumentos que lles explicamos os nenos foron : A arpa romanica que é o instrumento máis antigo do Pórtico da Gloria. A súa forma é un triángulo pero non é totalmente recta a madeira e tócase pulsando as cordas que van de lado a lado do instrumentos. Outro foi instrumento foi a arpa salterio, é moi parecida a anterior pero está totalmete recta e tócanse as dúas da mesma maneira.O salterio é un instrumento similar ás arpas, pero a difrencia e que ten caixa de resonancia A fídula oval e a fídula en oito, como tal din os seus nomes, son instrumentos un con forma de oito e outro ovalado. Os dous contan cun mástil do que saen as cordas ata a outra punta do instrumento e calquera dos dous tócanse cun arco que ten unhas cerdas que ao frotarse coas do violín fan o sonido. O laúde é moi parecido ás fídulas. Na punta do mástil conta cunha torcedura cara atrás. É un instrumento de corda e estas tamén lle chegan desde o mástil ata a outra punta do instrumento. E isto mais ou menos foi o que lles presenntamos aos nenos/as. A min pareceume unha actividade moi interesante porque aprenderon tanto os nenos/as coma nós, xa que sempre te quedas con cousas do que lles explicache. Paseino moi ben, menos ao principio, xa que ao faltarnos un compañeiro foi algo que nos puxo dos nervios non saber como iamos a facer! Rubén Rodríguez, 4º ESO
viernes, 15 de octubre de 2021
Caras que dan medo
O equipo da biblioteca quere proponvos participar nunha actividade colectiva para decorar a biblioteca no Samaín.
A actividade consiste en facer unha cara a partires dunha lata baleira de refresco.
O segundo paso consiste en forrar o bote con anacos de papel de seda, ou de secar as mans, ou papel de xornal ou calquera outro que vexades que pega ben no aluminio da lata. No almacén tedes cola branca e outros pegamentos.
Por último decorar o bote con témperas ou ceras brandas.
Estas indicacións son suxestións, podedes facer todas as variacións que queirades, o que si vos pedimos é que na parte de atrás non haxa decoración e que tampouco collan moito peso porque ca totalidade das latas crearemos unha obra colectiva pegándoas todas nun panel, segundo a obra “Sen saída” de Manolo Quejido:
As datas para entregar os traballos son luns 25 e martes 26 de outubro na biblioteca.
CHEGA O TEMPO DE SAMAÍN E CON EL O CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS
Chega o Samain e con el as castañas, as caveiras de melón, os calacús, os cogumelos, os froitos de inverno; chegan as augas e mergullámonos no inverno, vaise a calor e vén o frío: son os tempos do Samaín.
E para recibir este Samaín a Biblioteca Castelao convoca o Concurso de Decoración de portas de Samaín 20201.
Poderán participar todas as aulas do centro, dende Educación Infantil ata a ESO.
As portas deberán estar decoradas antes do 26 de outubro.
Poderase empregar calquera material, aínda que se valorará o uso de material reciclado.
A decoración será da porta da aula, podendo, no caso de ser esta de menor lonxitude, estenderse na parede ata un máximo de 2 m. de ancho.
A decoración deberá facerse de forma que non dane a porta e/ou a parede.
Poderá incluírse algún elemento externo na entrada,sobre o chan, sempre que non ocupe un espazo maior de 40cmx 40cm e non dificulte o acceso.
PREMIOS
Establecerase un xurado que,o día 29, durante o Magosto, anunciará as aulas gañadoras.
Todos/as os/as participantes recibirán un agasallo `pola participación.
Primaria e Secundaria: haberá un agasallo para a mellor clasificada de primaria e secundaria.









