viernes, 5 de marzo de 2010
A TVG NO NOSO COLE
O pasado xoves 4 de Marzo de 2010 a TVG estivo no noso centro para entrevistar aos alumnos/as e profesores/as encargados da realización de "Booktrailers". Afonso Salgado, profesor de Lingua Galega na E.S.O. e Belén Delgado, normalizadora do Concello de Monfero, explicaron ante as cámaras o proceso de elaboración destes interesantes proxectos audiovisuais, que teñen como finalidade fomentar a lectura en lingua galega. Varios alumnos e alumnos da E.S.O. contaron as súas experiencias á hora de seleccionar as lecturas, redactar os guións, ensaiar os diálogos, procurar a escenografía, etc. No momento actual están feitas todas as gravacións, e a partir de agora queda o complexo traballo de editar todo o material para ver os resultados finales, que colgaremos neste blogue.
martes, 23 de febrero de 2010
DÍA DA LINGUA MATERNA

Que é o Día Internacional da Lingua Materna? É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.
Que son as linguas? Segundo sinala a ONU, "as linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da nosa herdanza cultural". Deste xeito, toda iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirá para incentivar a diversidade lingüística e "crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e mais inspirar a solidariedade baseada no entendemento, na tolerancia e no diálogo".
Que é unha lingua materna? Por lingua materna adoita entenderse aquela na que un suxeito adquire a linguaxe; é dicir, aquela na que aprende a falar. Normalmente, o que caracteriza a lingua materna é a súa adquisición espóntanea, fronte á aprendizaxe dunha segunda que normalmente se aprende dunha maneira máis formal. Actualmente, na terminoloxía da sociolingüística óptase con maior frecuencia polo termo lingua inicial (lingua primeira- L1), pois este é máis neutro e evita certos nesgos como o de presupoñer a transmisión por vía materna (nai). As linguas que se adquiren con posterioridade á lingua primeira coñécense habitualmente como segunda lingua (L2).
Que determina a lingua materna? O factor máis importante é a lingua que empregan os axentes de socialización do neno durante as etapas iniciais do seu desenvolvemento. Nas sociedades avanzadas, este papel compárteno a familia e outros axentes externos, como as escolas infantís e mesmo os medios de comunicación audiovisuais.
Que importancia futura ten para as persoas a lingua materna?
A lingua inicial ten unha grande importancia para as persoas por múltiples cuestións, entre outras, na adquisición como lingua primeira danse naturalmente os supostos da aprendizaxe precoz e da motivación comunicativa, favorecedoras do logro da aprendizaxe.
Que idade se establece para determinar a aprendizaxe da lingua materna? A lingua primeira adquírese, por definición, durante as primeiras etapas do desenvolvemento do neno. En contextos onde existen linguas en contacto, é frecuente a adquisición de diferentes linguas como lingua primeira.
Propostas para o Día Internacional da Lingua Materna
1. Educa no respecto a todas as linguas
2. Transmite o valor da diversidade
3. Cultiva as linguas con menos falantes
4. Fomenta a aprendizaxe de linguas
5. Perde o medo a equivocarte
6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa
7. Acolle as outras linguas que te rodean
8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua
9. Practica o ecoturismo lingüístico
10. Fala tamén para os que están preto
CORRELINGUA 2010

CORRELINGUA é a denominación que adoptaron de maneira común a partir de 2001 as diversas carreiras en prol do idioma que se convocaron no país. É unha proposta de carácter lúdico, educativo, e reivindicativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito de medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
O Correlingua, xa na súa décima edición, alcanzou ao longo destes anos unha alta participación dos centros de ensino e do alumnado, así como o apoio de persoeiros e organizacións de todo tipo.O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica galega, A Confederación Intersindical Galega – Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística, os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, coa colaboración dos concellos de Ourense e A Coruña, e as Deputacións Provinciais de Lugo e A Coruña
jueves, 4 de febrero de 2010
BEN FALADO

Acaba de chegar ao noso centro o DVD Ben Falado!, dirixido por Xesús Ferro Ruibal e emitido na Televisión de Galicia (antoloxía dos capítulos emitidos 21-7-2008 ao 6-7-2009). Estará á disposición da comunidade educativa na Biblioteca Escolar.
Ben falado! foi un microespazo creado e dirixido por Xesús Ferro Ruibal e realizado pola productora Pórtico para a Secretaría xeral de Política Lingüística. Emitiuse de luns a venres en horario de máxima audiencia a través de tódalas canles da TVG entre xullo 2008 e xullo 2009. Dos 250 capituliños os 50 primeiros tiveron unha duración de cinco minutos e os 200 restantes duraron tres minutos aproximadamente.
Ben falado! quixo ofrecer unha visión nova da lingua galega que se caracteriza por ofrecer sempre unha pinga de luz e outra pinga de mel. E moitos brevísimos textos levan a sinatura de expertos nesa especialidade lingüística.
miércoles, 3 de febrero de 2010
A MOCIDADE COA NOSA LINGUA
IES de Pastoriza (Arteixo) estÁ a organizar o XI Certame Musical A MOCIDADE COA NOSA LINGUA, na que poderán participar os centros escolares galegos. Deixamos a continuación as vases do certame.
martes, 2 de febrero de 2010
PROCURANDO POEMA E POETA
A Asociación Socio-Pedagóxica por en marcha o concurso "Procurando poema e poeta", co gallo da celebración neste ano 2010 do 125 aniversario da morte de Rosalía, o primeiro centenario do nacemento de Ricardo Carvalho Calero e de Luís Seoane. O concurso consiste en recompoñer un texto cuxas palabras están desordenadas e a partir de aí, mediante un sistema de pistas, intentar averiguar quen o escribiu.
BASES DO CONCURSO:
BASES DO CONCURSO:
lunes, 1 de febrero de 2010
PONTENDASONDAS
A Asocación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas acaba de lanzar a convocatoria da IV Certame de Recolla da Tradición Oral. Este ano esta asociación cumple 15 anos de existencia (xa pasou todo este tempo dende aquel lonxano 1995 no que escomenzaron a traballar) e é por esta circunstancia pola que queren convidar a todos os centros que nalgunha ocasión participaron neste certame a que volvan a inscibirse para celebrar todos xuntos este aniversario...
Triptico Recolla Tradicion Oral Galego
View more presentations from satelite1.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)