Para acceder ao portal da lingua galega premede na imaxe inferior
viernes, 6 de noviembre de 2015
jueves, 29 de octubre de 2015
PREMIOS SAMAÍN 2015
Non foi nada doado tomar a decisión dos gañadores no concurso de portas de Halloween/Samain. O traballo do noso alumnado, a implicación, actitude positiva, compañeirismo, e ilusión puxéronnos as cousas realmente complicadas.
Afortunadamente, a colaboración de Álvaro, o noso conserxe, María Xosé como representante do profesorado de Primaria, Marta coma representante do de Secundaria, Verónica, orientadora, e a inestimable participación de Nina e Diego, representando ao alumnado do centro, todos eles membros do tribunal avaliador, posibilitaron a toma de decisións.
E.... os gañadores foron.....
DE INFANTIL E PRIMARIA... Os alumnos e alumnas de 6º! Pola magnífica e creativa representación do duro camiño cara a temida ESO
Afortunadamente, a colaboración de Álvaro, o noso conserxe, María Xosé como representante do profesorado de Primaria, Marta coma representante do de Secundaria, Verónica, orientadora, e a inestimable participación de Nina e Diego, representando ao alumnado do centro, todos eles membros do tribunal avaliador, posibilitaron a toma de decisións.
E.... os gañadores foron.....
DE INFANTIL E PRIMARIA... Os alumnos e alumnas de 6º! Pola magnífica e creativa representación do duro camiño cara a temida ESO
E, en Secundaria.... Os alumnos de 2º ESO! pola súa orixinalidade e minuciosidade no traballo...
A todos e cada un dos que participástedes cun sorriso, noraboa e agradecemento do profesorado.
miércoles, 28 de octubre de 2015
ALGO TERRIBLE OCORRE NO CPI VIRXE DA CELA...
Este curso, con motivo do Samaín/Halloween, o alumnado do centro convertiu cada rincón, cada espazo.... nun horror... co obxecto de gañar un concurso no que se lles fará entrega dun recoñecemento escalofriante.
Nos corredores voan as pantasmas, na biblioteca resucitan aos mortos... Qué máis pode ocorrer?
O xoves 29, dous maquivélicos tribunais avaliadores valorarán qué grupos serán os gañadores de tan dura batalla forxada con esqueletos, teas de araña, morcegos, cabazas, bruxas....
Aquí deixamos os exemplos das grandes obras do noso alumnado!
E os pequeniños do cole? Vístedes o gran traballo do alumnado de Infantil? Impresionante!
En fin! Orgullos@s de ser profes! Grazas a todos os participantes
MAGOSTO
mércores 28 outubro 2015
Outono. Os días
van a menos, as tardes frías e de choiva convidan a refuxiarse baixo un teito
ao calor da lareira, contando historias e comendo castañas asadas. No noso
colexio, o CPI Virxe da Cela, continuamos a recuperar as nosas tradicións e o
noso patrimonio inmaterial, antes de que o tempo e a civilización moderna o
acabe deixando no esquecemento.
Quixemos pois
dedicar unha tarde para a celebración do Magosto. As nosas ben queridas
cociñeiras puxeron o forno a punto para preparar quilos e quilos de castañas
asadas que deron para comer ata fartarse e incluso sobraron para facer unha
pila de xogos populares cos que amenizamos esta tarde tan especial. Como
podedes observar nas fotografías, o alumnado e profesorado de educación
infantil e educación primaria gozaron deste tempo lúdico e demostraron que os
xogos, non por sofisticados e tecnolóxicos, teñen que ser máis divertidos e
amenos, e que un simple lote de castañas, unhas cortas, uns vasos ou uns
globos, dan para pasar un par de horas do máis divertido!!!
Utilizamos como
“pista” para os xogos o patio cuberto do noso colexio, e lembramos a nosa profe
de educación física do ano pasado, Lucía Trillo, quen levou a cabo a iniciativa
de facer marcas no chan para delimitar espazos e tamén para debuxar permanentemente
algúns xogos tradicionais como é a mariola, o brilé, etc,
martes, 27 de octubre de 2015
lunes, 26 de octubre de 2015
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


