Con motivo da celebración do
VI Día da Ciencia en Galego o
vindeiro mércores 4 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos
os centros educativos non universitarios a participar nunha videoconferencia
vía web, na que un investigador galego da Universidade de Santiago de
Compostela achegará temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os
proxectos científicos que desenvolve na actualidade. Ademais de seguir a
videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade
de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario